Marilyn vos Savant (|ˌvɒs səˈvɑːnt|), nada como Marilyn Mach en St. Louis o 11 de agosto de 1946, é unha columnista, escritora, conferenciante e dramaturga estadounidense.The Time Everyone "Corrected" the World's Smartest Woman". Priceonomics, 19 de febreiro de 2015 Foi considerada polo Guinness Book of Records como a persoa co maior cociente intelectual (CI) rexistrado, categoría que posteriormente a publicación retirou. Dende 1986 escribiu "Ask Marilyn", unha columna dominical na revista Parade en que resolve crebacabezas e contesta preguntas sobre diferentes temas. Entre eles destacou unha discusión sobre o problema de Monty Hall, ao que propuxo unha solución en 1990.
Traxectoria Marilyn vos Savant é filla de Joseph Mach e Marina vos Savant. Savant considera que se deben conservar os apelidos anteriores ao matrimonio, cos fillos adoptando os do pai e as fillas os da nai. A palabra savant, que significa alguén que aprende, aparece dúas veces na súa familia: o apelido da súa avoa era Savant e o do seu avó vos Savant. É de ascendencia italiana, checoslovaca, alemá, e austríaca, sendo descendente do físico e filósofo Ernst Mach.
De adolescente, Savant traballou na tenda do seu pai e escribiu para xornais locais con pseudónimo. Casou aos dezaseis anos e divorciouse dez anos despois. O seu segundo matrimonio rematou cando tiña 35 anos.
Asisitu ao Meramec Community College e estudou filosofía na Universidade de Washington en St. Louis, mais deixouna dous anos despois para axudar a súa familia nun negocio de investimentos. Savant mudouse a Nova York na década de 1980 para seguir unha carreira como escritora. Antes de comezar a columna "Ask Marilyn", escribiu Omni I.Q. Quiz Contest para a revista Omni, que incluía cuestionarios sobre o cociente intelectual e exposicións sobre a intelixencia e a súa medida.
Savant casou con Robert Jarvik (un dos desenvolvedores do corazón artificial Jarvik-7 o 23 de agosto de 1987, e foi nomeada directora financeira de Jarvik Heart, Inc. Participou tamén na xunta directiva do National Council on Economic Education, na xunta de conselleiros da National Association for Gifted Children e no National Women's History Museum, e como membro do Committee for Skeptical Inquiry. Toastmasters International nomeouna unha das "Five Outstanding Speakers of 1999", e en 2003 recibiu un doutoramento en letras honorífico por The College of New Jersey.
Salto á fama e tests de intelixencia Savant foi incluída no Guinness Book of World Records como "Maior CI" entre 1985 e 1989 e entrou no Salón da Fama do Libro Guinness en 1988. Guinness retirou a categoría en 1990 tras decidir que os tests de intelixencia eran demasiado pouco fiables para designar un único posuidor do récord. A inclusión chamou a atención de todo o país.
Guinness citou os resultados de vos Savant en dous tests de intelixencia, o Stanford-Binet e o Mega Test. Realizou o test Stanford-Binet, Second Revision de 1937 aos dez anos. Afirmou que o seu primeiro test o realizou en setembro de 1956 e a medida da súa idade mental era de 22 anos e dez meses, obtendo unha puntuación de 228. Este foi o número incluído no Guinness Book of World Records, aparece nas seccións biográficas dos seus libros e é o que dá nas entrevistas.
O segundo test mencionado por Guinnes foi o Mega Test de Hoeflin, que realizou a mediados da década de 1980. O Mega Test obtén unha puntuación do CI multiplicando a puntuación Z normalizada do suxeito, ou a rareza dos datos brutos pola desviación típica e engade o resultado a 100. Os datos brutos de Savant foron de 46 sobre 48, cunha puntuación Z de 5,4 e unha desviación de 16, chegando a un CI de 186. O Mega Test foi criticado por psicólogos profesionais como deseñado e puntuado de xeito impropio, "nada menos que a pulverización do número".
Savant ve os tests de intelixencia como medidas dunha variedade de habilidades mentais e pensa que a intelixencia implica tantos factores que "intentar medilos é inútil". Vos Savant é membro das sociedades de alto cociente intelectual Mensa International e Mega Society.
"Ask Marilyn" Despois da súa inclusión no Guinness Book of World Records en 1986, a revista Parade publicou un perfil dela xunto cunha selección de preguntas dos lectores e as súas respostas. Parade continuou a recibir preguntas, polo que se creou a columna "Ask Marilyn". Empregouna para contestar cuestións sobre moitos temas académicos, resolver crebacabezas propostos polos lectores, dar consellos empregando a lóxica e dar probas e crebacabezas ideados por ela mesma. Ademais da columna impresa semanal, "Ask Marilyn" foi unha columna diaria en liña en que resolvía preguntas controvertidas, corrixía erros, ampliaba respostas, volvía publicar artigos e resolvía cuestións adicionais.
Tres dos seus libros (Ask Marilyn, More Marilyn e Of Course, I'm for Monogamy) son recompliacións de preguntas e respostas de "Ask Marilyn". The Power of Logical Thinking inclúe moitas preguntas e respostas da columna.
Obras 1985 – Omni I.Q. Quiz Contest 1990 – Brain Building: Exercising Yourself Smarter (co-written with Leonore Fleischer) 1992 – Ask Marilyn: Answers to America's Most Frequently Asked Questions 1993 – The World's Most Famous Math Problem: The Proof of Fermat's Last Theorem and Other Mathematical Mysteries 1994 – More Marilyn: Some Like It Bright! 1994 – "I've Forgotten Everything I Learned in School!": A Refresher Course to Help You Reclaim Your Education 1996 – Of Course I'm for Monogamy: I'm Also for Everlasting Peace and an End to Taxes 1996 – The Power of Logical Thinking: Easy Lessons in the Art of Reasoning...and Hard Facts about Its Absence in Our Lives 2000 – The Art of Spelling: The Madness and the Method 2002 – Growing Up: A Classic American Childhood
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en St. Louis, Missouri Categoría:Nados en 1946 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa