miniatura|Illotes pancreáticos ou de Langerhans.
As células alfa (células α) do páncreas son células endócrinas que se encontran nos illotes pancreáticos ou de Langerhans. Son un dos cinco tipos de células produtoras de hormonas (células alfa, beta, delta, épsilon e PP) dos illotes pancreáticos. Constitúen o 20% das células dos illotes humanos e segregan a hormona peptídica glicagón, que fai que se eleve o nivel de glicosa no sangue.
Características En roedores, as células alfa están localizadas na periferia dos illotes pancreáticos, pero en humanos, a arquitectura dos illotes está xeralmente menos organizada e, aínda que predominan na periferia, poden observarse frecuentemente dentro dos illotes tamén. Cando se ollan utilizando un microscopio electrónico, as células alfa poden identificarse pola posesión duns gránulos característicos cunha parte central densa grande e un halo branco pequeno. O citoplasma das células alfa contén algunhas cisternas de retículo endoplasmático e un aparato de Golgi adxacente xustanuclear con gránulos secretorios nacentes.
Función As células alfa segregan a hormona glicagón. Esta hormona, para elevar os niveis de glicosa, únese a receptores situados nos hepatocitos (células hepáticas) e nalgunhas outras células (por exemplo, células renais). Isto activa un encima, a glicóxeno fosforilase, que se encontra dentro do hepatocito para hidrolizar o polisacárido glicóxeno dando glicosa. Este proceso denomínase glicoxenólise.
As células alfa tamén xeran o GLP-1 (péptido similar ao glicagón 1) e poden ter un efecto protector e rexenerador sobre as células beta. Posiblemente poden transdiferenciarse en células beta para substituír as células beta que se perden.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Glicagonoma, un tumor de células alfa Célula beta
Bibliografía
Categoría:Histoloxía Categoría:Endocrinoloxía