miniatura|Grans de café torrados. miniatura|Grans de café secando ao sol despois de pasar polo proceso de lavado, logo serán torrados e moídos. O café de Colombia é unha indicación xeográfica protexida, que foi recoñecida en forma oficial pola Unión Europea o 27 de setembro de 2007.Unión Europea otorga a 'Café de Colombia' la Indicación Geográfica Protegida, Terra, publicado el 13/08/2007.Café de Colombia se tomó Bruselas para recibir sello de 'Indicación Geográfica Protegida' de la UE, Cenicafé, publicado el 27/09/2007. Dita denominación outórgaselle ao café 100 % arábigo (coffea arabica) producido nas rexións cafeteiras de Colombia, delimitadas entre a latitude norte 1° a 11°15', lonxitude oeste 72° a 78° e rangos específicos de altitude que poden superar os 2000 metros sobre o nivel do mar. O termo café de Colombia tamén é unha marca de certificación rexistrada nos Estados Unidos o 7 de xullo de 1981,« Colombian Coffee » Certification Mark , U.S. Patent and Trademark office. Último acceso o 18 de xuño de 2011. e no Canadá o 6 de xullo de 1990. « Colombian Coffee » Certification Mark , Canadian Intelectual Property Office. Último acceso o 18 de xuño de 2011. Así mesmo, está recoñecido como Denominación de Orixe Protexida noutros países do mundo, como Ecuador,Resolución 47500 de 10 de enero de 2006 , Dirección Nacional de la Propiedad Industrial de Ecuador. Último acceso o 18 de xuño de 2011. BoliviaResolución Administrativa de 21 de mayo de 2008 , Servicio Nacional de Propiedad Intelectual de Bolivia. Último acceso o 18 de xuño de 2011. e o Perú.Resolución 671 de 20 de enero de 2006 , Instituto Nacional de Defensa de la Competencia y de la Protección de la Propiedad Intelectual del Perú. Último acceso o 18 de xuño de 2011.
Colombia é o terceiro país produtor de café e o maior produtor de café suave no mundo.Esperanza , Café de Colombie, URL último acceso o 21/02/2017. Os principais países importadores do café de Colombia son os Estados Unidos, Alemaña, o Xapón, os Países Baixos e Suecia.
O café foi o produto primordial dentro das actividades comerciais colombianas, rexistrando exportacións de até 2560 sacos. Dende os anos vinte, Colombia ocupou o primeiro lugar como produtor mundial de café suave. A asociación que contribúe a promover o cultivo de café en Colombia e a súa exportación a mercados internacionais, coa misión de procurar o benestar dos caficultores colombianos é a Federación Nacional de Cafeteiros de Colombia. Os principais departamentos produtores do café en Colombia son: Nariño, Norte de Santander, Antioquia, Valle del Cauca, Cundinamarca, Huila, Cauca, Tolima, Caldas, Quindío e Risaralda, coñecidos os catro últimos como o Eixo Cafeteiro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Nacional de Cafeteiros - Café de Colombia Diario oficial da Unión Europea - Rexistro do «Café de Colombia». Cooperativa de Cafetaleros do Norte del Valle - Cafenorte
Categoría:Economía de Colombia