Turning Red é un filme estadounidense de 2022 producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Foi dirixido por Domee Shi, no seu debut como directora, e escrito por Shi e Julia Cho. Está protagonizado polas voces de Rosalie Chiang, Sandra Oh, Ava Morse, Hyein Park, Maitreyi Ramakrishnan, Orion Lee, Wai Ching Ho, Tristan Allerick Chen e James Hong.

Ambientado en Toronto, Ontario en 2002, Turning Red conta a historia de Meilin "Mei" Lee, unha adolescente chinesa-canadense de 13 anos que se transforma nun panda vermello cando se atopa nun estado de fortes emcións. Inspirado na experiencia de Shi en Toronto, o filme comezou a desenvolverse en 2018 despois de que ela llo propuxesae a Pixar en outubro de 2017. É o primeiro filme de Pixar dirixido exclusivamente por unha muller e o segundo que presenta un personaxe principal asiático despois de Up (2009).

Despois dunha proxección especial que tivo lugar en Londres nos Everyman Borough Yards o 21 de febreiro de 2022, Turning Red tivo a súa estrea mundial o 1 de marzo, e estreouse no servizo de streaming Disney+ o 11 de marzo. Tamén tivo proxeccións limitadas en El Capitan Theatre, AMC Empire 25 e Grand Lake Theatre. Estreouse en cinemas na maioría dos países que non teñen Disney+, e recibiu aclamación da crítica pola súa historia, humor, animación, interpretacións vocais e uso da cultura.

Personaxes Rosalie Chiang como Meilin "Mei" Lee Sandra Oh como Ming Lee Ava Morse como Miriam Hyein Park como Abby Maitreyi Ramakrishnan como Priya Orion Lee como Jin Lee Wai Ching Ho como Wu Tristan Allerick Chen como Tyler James Hong como Mr. Gao Addie Chandler como Devon Sasha Roiz como Mr. Kieslowski Lily Sanfelippo como Stacy Frick

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Domee Shi Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de Pixar Categoría:Filmes ambientados en 2002 Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX