Boris Atanasov Gaganelov (en ), nado en Petrich o 7 de outubro de 1941 e finado en Sofía o 5 de xuño de 2020, foi un futbolista e adestrador búlgaro.

Traxectoria Defensa histórico do CSKA Sofia, é o futbolista con máis partidos na historia do club, no que xogou de 1960 a 1974, sumando 350 partidos de liga e 36 en competicións europea (30 na Copa de Europa e 6 na Recopa de Europa). Gañou sete veces a liga búlgara e seis veces a Copa de Bulgaria. Na tempada 1966/67 disputou as semifinais da Copa de Europa contra o Inter de Milán de Helenio Herrera, quedando eliminado tras un partido de desempate.

Foi 51 veces internacional coa selección de Bulgaria, 29 delas como capitán do equipo. Representou a Bulgaria nos Mundiais de 1966 e 1970, caendo en ambos casos na primeira fase.

Faleceu o 5 de xuño de 2020.

Palmarés CSKA Sofia Primeira división de Bulgaria (7): 1960/61, 1961/62, 1965/66, 1968/69, 1970/71, 1971/72, 1972/73. Copa de Bulgaria (6): 1961, 1965, 1969, 1972, 1973, 1974.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en National-Football-Teams.com .

Categoría:Nados na provincia de Blagoevgrad Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Futbolistas de Bulgaria Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do PFC CSKA Sofia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Bulgaria Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970 Categoría:Adestradores de fútbol de Bulgaria