James Dougal Adrianus "Ox" van Hoften, nado en Fresno, California, o 11 de xuño de 1944, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-41-C e STS-51-I.
Traxectoria Van Hoften graduouse en enxeñaría civil pola Universidade de California en Berkeley en 1966 e é máster en enxeñaría hidráulica e ten un doutoramento na mesma materia pola Universidade do Estado de Colorado en 1968 e 1976 respectivamente. Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, completando o seu adestramento en agosto de 1979. Participou nas misións STS-41-C e STS-51-I, pasando 14,08 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-41-C STS-51-I
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Fresno