Maximino Fernández Queizán, tamén coñecido como Maximino Keyzán, nado en Vigo en 1940, é un dramaturgo e director de teatro galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito e perito pola Escola de Artes Aplicadas de Madrid. Fixo estudos de Arte Dramático en Madrid e Londres. Foi director do Teatro Experimental da Universidade de Santiago (1960-62), Teatro Universitario (1962), Teatro de Cámara da Academia Victoria de Vigo (1963-66), Teatro Universitario "Landirás" de Madrid (1965), Teatro Popular Galego (1966), Teatro Popular Keyzán, do que tamén foi o creador (1967-94), Centro Dramático Galego (1991) e Escola de Teatro Municipal de Vigo (1999-2003). Foi profesor de interpretación, historia da arte, estética, historia do teatro e historia da moda; tamén foi profesor do Taller de Teatro da Escola de Artes de Vigo (1979-81). É especialista no teatro de Valle-Inclán e de Blanco Amor.
Obras
Escribiu ensaios, artigos, críticas e textos dramáticos.
Lembranzas da arte escénica, 2018.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1940