Teodoro Piñeiro Alonso, nado en Vigo o 27 de xullo de 1950, é un dramaturgo, director de teatro e político galego.

Traxectoria

Diplomado en Dereito Tributario e Asesoría Fiscal foi asesor Fiscal e laboral. Foi un dos fundadores do Centro Cultural de Valadares, no que foi animador cultural, vicepresidente e presidente. Foi director e autor de teatro, dirixiu o grupo Escoitade de Valadares. Pertenceu ao Grupo Abrente.La Voz de Galicia, 25-5-1974, p. 8. Foi elixido concelleiro da primeira corporación democrática do Concello de Vigo pola coalición Unidade Galega, representando ao PSG. Militante do PSdeG-PSOE dende 1986, foi presidente da Federación de APAS de Vigo e Comarca (FOAPAS) (1993-1997) e portavoz da Plataforma pola defensa do Ensino Público de Vigo e Comarca (1992-1997). Colaborou en Faro de Vigo.

Obras

Escritas e dirixidas para o Grupo Escoitade: Historia de unha reconquista contada á miña maneira, 1976. O derradeiro Xuízo, 1979. A bruxa Fidalga na horta do lagar, 1980. Queda terminantemente prohibido o suicidio, 1981. 3-3-1, todo para un, 1983. O milagre do torreiro de Quintián, 1985. Recoñecementos

Premio de Animación Cultural (1977). Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en galegos. info

Categoría:Dramaturgos en lingua galega

Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1950