O crecemento económico é o aumento da renda ou valor de bens e servizos finais producidos por unha economía (xeralmente dun país ou dunha rexión) en determinado período (xeralmente nun ano).

A grandes liñas, o crecemento económico refírese ao incremento de certos indicadores, como a produción de bens e servizos, o maior consumo de enerxía, o aforro, o investimento, unha balanza comercial favorable, o aumento do consumo per cápita, etc. A mellora destes indicadores debería levar teoricamente a unha alza nos estándares de vida da poboación.

Medida do crecemento económico Polo xeral, o crecemento económico mídese en porcentaxe de aumento do Produto Interno Bruto real ("real" significa "axustado por inflación") e pode dividirse en cinco compoñentes: crecemento en

poboación produción por unidade de insumo de traballo (produtividade laboral), horas traballadas (intensidade), porcentaxe da poboación en idade de traballar que realmente traballa (taxa de participación) e proporción da poboación en idade de traballar con respecto á poboación total (demografía).

Aritmética de crecementos parciais O crecemento total nun período composto de varios períodos parciais é lixeiramente superior á suma dos crecementos dos períodos parciais. Exemplos:

Se unha economía presenta un crecemento dun 2,0 % cada un do catro trimestres dun ano, o crecemento anual desa economía será aproximadamente 8,24 % (obsérvese que 1.021.021.021.02=1.08243216). Se os crecementos trimestrais respectivos son 1,0 %, 2,0 %, 3,0 % e 4,0 %, o crecemento anual desa economía será aproximadamente 10,36 % (obsérvese que 1.011.021.031.04=1.10355024)

Principais factores do crecemento económico O crecemento económico é causado por diversos cambios na economía. Nun período de tempo, algún dos factores poden ser máis importantes que outros. Os principais factores do crecemento económico son: recursos naturais, recursos humanos, acumulación de capital, cambio tecnolóxico, innovación e estabilidade socio-política.

Aínda que os recursos naturais afectaron fortemente o crecemento económico pasado, actualmente o seu impacto na variación do produto é limitado. Nas economías actuais o factor máis importante é o capital humano enfocado na innovación que produza (ou adopte) novos avances e efectúen un cambio tecnolóxico que aumente a produtividade.miniatura|300px|Crecemento económico dende o ano 1 até o ano 2003 por zonas zeográficas e mundial.|centro Notas

Categoría:Termos e conceptos de economía