Virunga é un filme documental británico de 2014 dirixido por Orlando von Einsiedel. O filme céntrase nos traballos de conservación dos gardiáns do Parque Nacional de Virunga, na República Democrática do Congo durante o alzamento do grupo armado M23 en 2012 e investiga a actividade da compañía pretoleira británica Soco International dentro do parque que é Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Soco International acabou explorando oficialmente as oportunidades petroleiras en Virunga en abril de 2014. O filme estreouse no Festival de Cinema de Tribeca o 17 de abril de 2014. Despois de estrearse a través de Netflix, foi nomeado ó Óscar ó mellor documental na 87ª edición dos premios.
Sinopse O documental conta a historia de catro personaxes que loitan por protexer o Parque Nacional de Virunga na República Democrática do Congo, fogar dos últimos gorilas de montaña do mundo, que está ameazado pola guerra, a caza furtiva e a ameaza de exploración petrolífera. Seguindo ó coidador de gorilas André Bauma, ó gardián do sector central Rodrigue Mugaruka Katembo, ó gardián xefe Emmanuel de Merode e á xornalista de investigación francesa Mélanie Gouby, o filme céntrase na beleza natural e na biodiversidade de Virunga, así como os complexos problemas políticos e económicos que rodean a exploración petroleira e os conflitos armados na rexión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes da República Democrática do Congo Categoría:Filmes dirixidos por Orlando von Einsiedel Categoría:Filmes rodados na República Democrática do Congo Categoría:Filmes ambientados na República Democrática do Congo Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes sobre dereitos dos animais Categoría:Filmes sobre animais