Prosopium cylindraceum é unha especie de peixe teleósteo da orde dos perciformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos coregoninos, Prosopium cylindraceum (Pennant, 1784) no WoRMS. Consultado o 29 de marzo de 2022.Prosopium cylindraceum (Pennant, 1784) no GBIF. Consultado o 29 de marzo de 2022.Prosopium cylindraceum (Pennant, 1784) na BioLib. Consultada o 29 de marzo de 2022. unha das seis icluídas no xénero Prosopium.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1784 polo naturalista inglés Thomas Pennant, baixo o nome de Salmo cylindraceus. na súa obra:
Etimoloxías Para a do xénero, ver Prosopium.
O epíteto específico, cylindraceum, alude á forma cilíndrica do seu corpo.Scott, W. B. & E .J. Crossman (1973): Freshwater fishes of Canada. Bull. Fish. Res. Board Can. 184. ISBN 978-0-6601-0239-9.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Coregonus cylindraceus (Pennant, 1784) Coregonus mongolicus Warpachowski, 1900 Coregonus quadrilateralis Richardson, 1823 Prosopium cylindraceus (Pennant, 1784) (erro gramatical) Prosopium preblei Harper & Nichols, 1919 Prosopium quadrilaterale (Richardson, 1823) Salmo cylindraceus Pennant, 1784 (protónimo) Salmo microstomus Pallas, 1814 Salmo quadrilateralis (Richardson, 1823)
Distribución Prosopium cylindraceum é un peixe dulciacuícola propio de Norteamérica e no norta de Asia. A súa área de distribución esténdese desde os 72° N e os 41° N, e os 103° L e 56° O.Page, L. M. & B. M. Burr (2011): A field guide to freshwater fishes of North America north of Mexico. Boston: Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0-3959-1091-7.
Encóntrase en ríos e lagos do norte do Canadá desede o leste da baía de Hudson até a Alasca, encontrándose na Columbia Británica, Quebec e Ontario. Nos Estados Unidos, ademais do estado citado, chega a Nova Inglaterra (Connecticut) e á zona dos Grandes Lagos (excepto o lago Erie).
No norte de Asia está amplamente distribuído nos ríos siberianos.Reshetnikov, Y. S.; N. G. Bogutskaya, E. D. Vasil'eva, E. A. Dorofeeva, A. M. Naseka, O. A. Popova, K. A. Savvaitova, V. G. Sideleva & L. I. Sokolov (1997): "An annotated check-list of the freshwater fishes of Russia". J. Ichthyol. 37 (9): 687-736.
Catacterísticas A súa lonxitude oscila xeralmente entre os 23 e os 48 cm. O dorso é de cor marrón oliváceo, e os flancos e as partes inferiores de cor prateada clara.
Biolxía Aliméntanse no fondo, principalmente de invertebrados, como crustáceos, larvas de insectos e ovos de peixes.
Estado da poboación Aínda que algunha vez foi común, a súa poboación diminuíu desde o século XX debido a unha serie de causas posíbeis. Na actualidade está protexido nalgúns estados, como o de Nova Yorek. En Alasca é capturado ocasionalmente por pescadores pero, en xeral, non é buscado e rara vez se captura, xa que se alimenta no fondo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Eschmeyer, W. N., ed. (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology. Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2012): Prosopium cylindraceum (Pennant, 1784) en FishBase. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Salmónidos Coregoninos Prosopium
Ligazóns externas AQUATAB.
Categoría:Prosopium Categoría:Peixes de América do Norte Categoría:Peixes de Asia Categoría:Animais descritos en 1784