Blackburn Aircraft Limited foi un construtor aeronáutico británico que se concentrou principalmente en avións navais durante a primeira metade do século XX.
Historia Blackburn Aircraft foi fundada por Robert Blackburn e Jessy Blackburn, que construíron o seu primeiro avión en Leeds en 1908, coa apertura da fábrica Olympia en Roundhay en 1914. No ano 1916 a compañía estableceu unha nova factoría en Brough, East Riding of Yorkshire in 1916. O irmán de Robert, Norman Blackburn, converteuse posteriormente en director xeral.
Blackburn mercou a compañía Cirrus-Hermes Engineering en 1934, comezando a fabricar motores aeronáuticos. Porén, estaba desenvolvéndose unha nova gama de motores e Blackburn quería agardar a que se establecese antes de darlle o seu nome, polo que Cirrus Hermes Engineering mantívose como unha compañía separada durante un tempo.The Times, 9 de xullo de 1937
O nome da compañía cambiouse a Blackburn Aircraft Limited en 1936.The Times, 3 de abril de 1936
En 1937, cos novos motores Cirrus ben establecidos, a fabricación de motores pasou á compañía matriz xurdindo o nome de Blackburn Cirrus como división operativa da empresa.Bridgman 1943, p. 10d
En 1937 a presión por rearmarse estaba medrando e a factoría de Yorkshire estaba chegando ao seu máximo de capacidade. Unha fortuíta amizade entre Maurice Denny, director xeral de Denny Bros., unha empresade construción naval de Dumbarton,Bridgman 1943, p. 12c. e Robert Blackburn resultou na construción dunha nova fábrica de Blackburn en Barge Park, Dumbarton onde comezou a fabricación do Blackburn Botha en 1939.
Blackburn fusionouse con General Aircraft Limited en 1949 pasando a chamarse Blackburn and General Aircraft Limited,Halpenny 1982, p. 33 regresando á anterior denominación de Blackburn Aircraft Limited en 1958.
Como parte da racionalización da industria aeronáutica británica, a súa produción de avións e motores foron absorbidas por Hawker Siddeley e Bristol Siddeley respectivamente en 1960/1961. O nome Blackburn desapareceu completamente en 1963.
Unha compañía estadounidense, Blackburn Aircraft Corp., foi creada en Detroit o 20 de maio de 1929 para mercar dereitos de deseños e patentes dos avións de Blackburn Airplane & Motor Co., Ltd. nos Estados Unidos. Era propiedade nun 90% de Detroit Aircraft Corp. e nun 10% de Blackburn Airplane & Motor Co., Ltd. Os acordos cubrían eses dereitos en toda América, agás Brasil e parcialmente no Canadá, sempre que todas as ferramentas e patróns especiais fosen subministrados pola compañía do Reino Unido.
Aeronaves
Blackburn First Monoplane (1909) - monoplano de á alta monomotor e monopraza. Blackburn Second Monoplane (1911) - monoplano de á media monomotor. Blackburn Mercury (1911) - monoplano de á media de adestramento, cun motor e dúas prazas. Blackburn Type B (1912) - desenvolvemento do Mercury. Blackburn Type D (1912) - monoplano de á media monomotor e monopraza. Preservado en condición de voo pola Shuttleworth Collection en Old Warden, sendo o avión británico máis antigo conservado. Blackburn Type E (1912) - 2 monoplanos de á media de estrutura metálica monomotor, un deles tiña unha praza e o outro dúas. Blackburn Type I (1913) - monoplano de á media monomotor construído como hidroavión e como avión baseado en terra. Blackburn Type L (1914) - hidroavión biplano monomotor de dúas prazas. AD Scout (1915) - avión monomotor anticepelíns deseñado polo Almirantado. Dous fabricados por Blackburn e dous por Hewlett & Blondeau. Blackburn Twin Blackburn (1915) - hidroavión anticepelíns bimotor bipraza. Blackburn General Purpose (1916) - hidroavión biplano antisubmarino. Blackburn Triplane (1916) - triplano versión do Scout deseñado por Blackburn. Blackburn White Falcon (1916) - monoplano de á media monomotor. Blackburn R.T.1 Kangaroo (1918) - biplano de recoñecemento/torpedeiro bimotor. Blackburn N.1B (1918) - hidroavión bombardeiro de escolta (iniciado pero non rematado). Blackburn Blackburd (1918) - torpedeiro biplano. Blackburn Sidecar (1919) - monoplano ultralixeiro de á media. Blackburn T.1 Swift (1920) - hidroavión torpedeiro. Blackburn T.2 Dart (1921) - torpedeiro biplano. Alula D.H.6 (1921) - avión experimental para probar a á Álula usando a fuselaxe dun Airco DH.6. Alula Semiquaver (1921) - conversión do Martinsyde Semiquaver cunha á Álula. Blackburn R.1 Blackburn (1922) - biplano naval de recoñecemento. Blackburn Pellet (1923) - biplano monomotor de carreiras para o trofeo Schneider. Blackburn Bluebird (1924) - biplano de adestramento/turismo. Blackburn T.4 Cubaroo (1924) - gran torpedeiro biplano de catro prazas. Blackburn T.3 Velos (1925) - hidroavión de bombardeo. Blackburn R.2 Airedale (1925) - monoplano de á alta de recoñecemento. Blackburn T.5 Ripon (1926) - biplano monomotor monopraza de recoñecemento/torpedeiro Blackburn Sprat (1926) - biplano de adestramento avanzado monomotor. Blackburn R.B.1 Iris (1926) - hidroavión trimotor. Blackburn F.1 Turcock (1928) - caza monomotor. Blackburn F.2 Lincock (1928) - caza biplano. Blackburn Beagle (1928) - biplano bombardeiro. Blackburn Bluebird IV (1929) - biplano de adestramento/turismo monomotor. Blackburn 2F.1 Nautilus (1929) - caza biplano. Blackburn T.7B (1929) - biplano de bombardeo/recoñecemento para a Armada do Xapón. Blackburn R.B.2 Sydney (1930) - hidroavión trimotor de longo alcance. Blackburn C.B.2 Nile (1930) - variante do Sydney para transporte de carga. Blackburn B-1 Segrave (1930) - monoplano de á baixa bimotor. Blackburn C.A.15C (1932) - avión de pasaxeiros monoplano/biplano con 10 asentos. Blackburn T.8 Baffin (1932) - biplano torpedeiro. Blackburn B-2 (1932) - avión de adestramento biplano. Blackburn B-3 M.1/30 (1932) - biplano torpedeiro. Blackburn B-5 Baffin (1932) Blackburn R.B.3 Perth (1933) - hidroavión biplano trimotor con cinco asentos. Blackburn T.9 Shark (1933) - biplano torpedeiro embarcado; ver tamén o prototipo chamado Blackburn B-6 Shark (1933). Blackburn F.3 (1934) - caza biplano monomotor. Fabricado pero nunca chegou a voar. Blackburn B-7 (1934) - biplano de propósito xeral. Blackburn B-9 (H.S.T. 10) (1936) - avión de pasaxeiros monoplano de 12 asentos. Fabricado pero nunca voou. Blackburn B-24 Skua (1937) - monoplano naval de caza/bombardeo en picado. Blackburn B-25 Roc (1938) - monoplano naval de caza/bombardeo en picado con torreta traseira (fabricada por Boulton Paul Aircraft) Blackburn B-26 Botha (1938) - monoplano de recoñecemento/torpedeiro/adestramento. Blackburn B-29: presentación dun avión naval torpedeiro/recoñecemento á especificación S.24/37 (que resultou no Fairey Barracuda). Construíse só unha maqueta. Blackburn B-20 (1940) - hidroavión bimotor experimental. Blackburn B-37 Firebrand F Mk.I (1942) - caza naval. Blackburn B.44 (1942) - hidroavión de caza monomotor Blackburn B-45 Firebrand TF Mk.II (1943) - caza naval. Blackburn B-46 Firebrand TF Mk.IV (1945) - caza naval. Blackburn B-48 Firecrest (Y.A.1) (1947) - caza naval. Blackburn B-50 (1945) - proposta de deseño para un caza da Fleet Air Arm con motor Nene. Non construído.Buttler, page 301. Blackburn B-52 - proposta de deseño para un adestrador avanzado para cumprir a especificación T.7/45. Non constuído. Blackburn B-67 (1947) - proposta de deseño para un caza naval para a especificación N40/46. Non construído.Buttler, page 302. Blackburn B-68 (1946) - proposta de deseño para un caza naval. Non construído. Blackburn B-71 (1947) - proposta de deseño para unha versión do B.67. Non construído. Blackburn B-74 (1947) - proposta de deseño para un caza naval. Non construído. Blackburn B-54 (Y.A.5, Y.A.7, Y.A.8) (1949) - avión naval antisubmarino. Blackburn B-82 (1949) - proposta de deseño para un caza naval para a especificación N.14/49. Blackburn B-88 (Y.B.1) (1950) - avión naval antisubmarino. Blackburn B-89 (1951) - envío para un caza naval segundo a especificación N.114T. Blackburn B-90 (1951) - proposta de deseño para un avión experimental con á en frecha para a especificación ER.110T. Non construído. Blackburn B-94 (1951) - proposta de deseño para unha versión do B.90. Non construído. Handley Page HP.88 (Blackburn Y.B.2) (1951) - avión experimental para Handley Page usando unha fuselaxe fabricada por Supermarine. Blackburn B-95 (1952) - proposta de deseño para unha versión revisada do B.89. Blackburn B-97 (1952) - proposta de deseño para un caza impulsado por foguetes para a especificación F.124T. Non construído. Blackburn B-99 (1952) - desenvolvemento do N.97. Non construído. Blackburn B-101 Beverley (1950) - avión de transporte cuadrimotor (deseñado por General Aircraft). Blackburn B-102 (1952) - proposta de deseño para un caza baseado nos B.89 e B.95. Non construído. Blackburn B-103 Buccaneer (Y.B.3) (1958) - avión de ataque naval segundo a especificación NA.39. Blackburn B-104 (1953) - proposta de deseño para un transporte militar de alcance medio para a Royal Air Force. Non construído.Stemp, PD, 2010. Kites, Birds & Stuff - BLACKBURN Aircraft. Lulu Publishing. Blackburn B-109 (1958) - proposta de deseño para un caza de ataque de Mach 1,5 versión do Buccaneer para a Forza Aérea do Canadá. Non construído. Blackburn B-112 (1958) - proposta de deseño para un caza de Mach 1,5 versión do Buccaneer para a Royal Navy. Non construído.Buttler, page 303. Blackburn B-117 (1960) - proposta de deseño para un caza de grande altitude versión do Buccaneer. Non construído. Blackburn B-120 (1962) - proposta de deseño para un caza de Mach 1,8 versión do Buccaneer. Non construído.
Notas
Bibliografía
Categoría:Construtores aeronáuticos Categoría:Empresas do Reino Unido