Manuel Villarnovo Martínez, nado en Valdoviño en 1941 e finado en Loira (Valdoviño) o 1 de agosto de 2018, foi un político galego.
Traxectoria Foi candidato á alcaldía de Valdoviño pola Candidatura Independente de Valdoviño nas eleccións municipais de 1979 empatando a 5 concelleiros coa UCD e sendo elixido alcalde co apoio do PSdeG. Non se presentou á reelección en 1983, e non volveu a participar en política ata as municipais de 1999, cando foi o número 2 de Unión de Independentes de Valdoviño. Esta formación logrou 3 concelleiros e logrou a alcaldía para o seu candidato, José Antonio Rodríguez Fernández, tralo apoio dos 5 edís do PPdeG e a previa integración dos independentes nesta formación política. Desta forma, foi segundo tenente de alcalde e concelleiro da área de ServizosLa Voz de Galicia, Ferrol, 7-7-1999, p.36., porén, debido a discrepancias co grupo de goberno renunciou ás súas respondabilidades en xullo de 2001 e pasou ó grupo mixtoLa Voz de Galicia, Ferrol, 29-7-2001, p.9., retirándose definitivamente da política á fin do mandato.
Vida persoal Casou e tivo 2 fillos. Finou en Loira o 1 de agosto de 2018Falleció en Valdoviño Manuel Villarnovo Martínez. Fue el primer alcalde en la Democracia
Notas
Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Valdoviño
Categoría:Alcaldes de Valdoviño Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Valdoviño Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes