Jeffrey Nels Williams, nado en Superior, Wisconsin, o 18 de xaneiro de 1958, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-101, Soiuz TMA-8, Soiuz TMA-16 e Soiuz TMA-20M, sendo membro das expedicións 13, 21, 22, 47 e 48 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Williams graduouse en ciencia aplicada e enxeñaría pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1980 e é máster en enxeñaría aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1987. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en 1996, participando nas misións STS-101, Soiuz TMA-8, Soiuz TMA-16 e Soiuz TMA-20M, sendo membro das expedicións 13, 21, 22, 47 e 48 á Estación Espacial Internacional. Pasou 534,12 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-101 Soiuz TMA-8 Soiuz TMA-16 Soiuz TMA-20M Expedición 13 Expedición 21 Expedición 22 Expedición 47 Expedición 48 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Wisconsin