miniatura|embros da OTAN resaltados en azul. miniatura|Cronoloxía dos países que deveñen membros da OTAN ata 2020. Os países marcados en azul escuro eran xa membros da OTAN nese momento, mentres que os países marcados co azul claro indican os novos membros. A OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte) é unha alianza internacional composta de 30 estados membros de Europa, América do Norte, e Asia. Estabeleceuse coa sinatura do Tratado do Atlántico Norte o 4 de abril de 1949. O Artigo Cinco do tratado expón que se un ataque armado acontece contra algún dos estados membros, será considerado un ataque contra todos eles, polo que os demais estados membros asistirán ao membro atacado, con forzas armadas se é preciso.
Dos 30 países membros, 27 atópanse principalmente en Europa, dous en América do Norte, e un en Asia. Entre 1994 e 1997, creáronse foros máis amplos para a cooperación rexional entre a OTAN e os seus veciños, como a Asociación para a Paz, a iniciativa do Diálogo mediterráneo e o Consello de Asociación Euro-Atlántico.
Todos os membros teñen exércitos, agás Islandia, que non posúe un exército típico (mais ten unha garda costeira e unha pequena unidade de especialistas civís para as operacións da OTAN). Tres dos membros da OTAN son países con armamento nuclear: Francia, Reino Unido e Estados Unidos. A OTAN conta con 12 estados membros fundadores. Tres novos estados asociáronse entre 1952 e 1955, e un cuarto membro uniuse en 1982. Dende 1999 a 2020, despois da fin da Guerra Fría, a OTAN engadiu 14 membros máis.
Actualmente a OTAN recoñece a Bosnia e Hercegovina, Xeorxia, e Ucraína como membros candidatos na súa política de ampliación de Portas Abertas.
Fundación e cambios na afiliación Dezaoito estados uníronse á OTAN dende a súa fundación en 1949 por 12 países (Bélxica, Canadá, Dinamarca, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Noruega, Portugal, Reino Unido e Estados Unidos). O maior aumento de membros produciuse en 2004 cando se uniron 7 países. Ata agora, ningún país saíu da alianza.
As adicións do século XX inclúen a Grecia e Turquía en 1952, Alemaña do Oeste en 1955, e España en 1982. Tres países do antigo Pacto de Varsovia, Hungría, República Checa e Polonia adheríronse en 1999. Coa reunificación alemá en 1990 incorporouse o territorio da antiga Alemaña do Leste. En maio do 2000, 10 países do Báltico e de Europa do Leste formaron o grupo Vilnius para cooperar para afiliación na OTAN.
As adicións do século XXI comezaron en 2004 cando se uniron sete estados do grupo Vilnius (Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia). Os tres restantes asociáronse posteriormente, Albania e Croacia en 2009 e Macedonia do Norte en 2020. Montenegro uniuse en 2017.
Países membros Bandeira MapaEstado membro Capital AdhesiónPoboación Áreacentro|100x100pxcentro|150x150pxAlbania Tirana1 de abril de 2009 3,088,385ligazón=Flag_of_Germany|centro|100x100pxcentro|150x150pxAlemañaAlemaña uniuse orixinariamente á OTAN como Alemaña do Oeste. O antigo estado de Alemaña do Leste pasou a formar parte da OTAN despois da reunificación alemá. Berlín8 de maio de 1955 79,903,481centro|100x100pxcentro|150x150pxBélxica Bruxelas24 de agosto de 1949 11,778,842borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxBulgaria Sofía29 de marzo de 2004 6,919,180borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxCanadá Ottawa24 de agosto de 1949 37,943,231borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxCroacia Zagreb1 de abril de 2009 4,208,973borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxDinamarca Copenhague24 de agosto de 1949 5,894,687borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxEslovaquia Bratislava29 de marzo de 2004 5,436,066borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxEslovenia Liubliana29 de marzo de 2004 2,102,106ligazón=Flag_of_Spain|centro|100x100pxcentro|150x150pxEspaña Madrid30 de maio de 1982 47,260,584centro|100x100pxcentro|150x150pxEstados Unidos Washington, D.C.24 de agosto de 1949 334,998,398borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxEstonia Talín29 de marzo de 2004 1,220,042ligazón=Flag_of_France|borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxFrancia París24 de agosto de 1949 68,084,217borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxGrecia Atenas18 de febreiro de 1952 10,569,703borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxHungría Budapest12 de marzo de 1999 9,728,337centro|100x100pxcentro|150x150pxIslandia Reiquiavik24 de agosto de 1949 354,234ligazón=Flag_of_Italy|borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxItalia Roma24 de agosto de 1949 62,390,364borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxLetonia Riga29 de marzo de 2004 1,862,687centro|100x100pxcentro|150x150pxLituania Vilnius29 de marzo de 2004 2,711,566borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxLuxemburgo Luxemburgo24 de agosto de 1949 639,589centro|100x100pxcentro|150x150pxMacedonia do Norte Skopje27 de marzo de 2020 2,128,262centro|100x100pxcentro|150x150pxMontenegro Podgorica5 de xuño de 2017 607,414centro|100x100pxcentro|150x150pxNoruega Oslo24 de agosto de 1949 5,509,591borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxPaíses Baixos Ámsterdam24 de agosto de 1949 17,337,403ligazón=Flag_of_Poland|borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxPolonia Varsovia12 de marzo de 1999 38,185,913centro|100x100pxcentro|150x150pxPortugal Lisboa24 de agosto de 1949 10,263,850ligazón=Flag_of_the_United_Kingdom|centro|100x100pxcentro|150x150pxReino Unido Londres24 de agosto de 1949 67,081,000borda|centro|100x100pxcentro|150x150pxRepública Checa Praga12 de marzo de 1999 10,702,596centro|100x100pxcentro|150x150pxRomanía Bucarest29 de marzo de 2004 21,230,362centro|100x100pxcentro|150x150pxTurquía Ankara18 de febreiro de 1952 82,482,383
Notas
Categoría:OTAN