Ramón Saleta Neira, nado en Donostia en 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE

Traxectoria Nado na emigración cunha familia con raíces en Corme, regresaron á súa vila natal sendo moi neno. Licenciado en Xeografía e Historia, foi secretario da asociación de veciños de Corme. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido concelleiro en Ponteceso como número 2 do PSdeG-PSOE, logrando maioría absoluta e sendo nomeado primeiro tenente de alcalde. Nas municipais de 1987 volveu concorrer como número 2 socialista revalidando o partido a maioría absoluta, polo que continuou como primeiro tenente de alcalde. Trala dimisión de José Luis Suárez Cotelo en setembro de 1989 para ser deputado autonómico foi elixido novo alcalde de PontecesoLa Voz de Galicia, Carballo, 28-9-1989, p.41.. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE nas municipais de 1991 e conseguiu volver a ser elixido alcalde, pero perdeu a maioría absoluta e pasou a gobernar en minoría. En outubro de 1992 presentou a súa dimisión ante e situación de inestabilidade que vivía o concello e foi substituído polo número 3 socialista Fernando Castro Villar.

En xullo de 1993 foi nomeado responsable de organización e administración de Unións Agrarias en Carballo. Debido ó seu matrimonio pasou a residir en Malpica de Bergantiños en 1994La Voz de Galicia, Carballo, 16-5-1999, p.41., onde foi secretario xeral da agrupación local socialista ata decembro de 1999La Voz de Galicia, Carballo, 9-12-1999, p.50., formando parte da candidatura socialista como número 3 nas municipais de xuño dese mesmo ano. Se ben non foi elixido concelleiro, o seu candidato José Ramón Varela Rey logrou a alcaldía grazas a un pacto co BNG e os independentes de AEMU. En febreiro de 2018 volveu ser secretario xeral do PSdeG en Malpica, recuperando o partido a alcaldía nas municipais de 2019 na persoa de Walter Pardo Añón. Porén, presentou a súa renuncia como secretario xeral en xullo de 2019Dimite la cúpula del PSOE de Malpica tras la renuncia de Ramón Saleta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ponteceso

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Ponteceso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes