miniatura|Cápsula de recoñecemento dun Yantar-1KFT. Yantar ou Iantar foi unha familia de satélites de recoñecemento primeiro soviéticos e despois rusos.

Características Yantar foi unha familia de diferentes satélites de recoñecemento. As primeiras xeracións usaban película fotográfica para obter imaxes desde órbita, mentres que as xeracións máis recentes eran electroópticos e enviaban as imaxes mediante satélites de comunicacións. Foron lanzados entre 1981 e 2015, usando case sempre foguetes Soiuz U.

Yantar-2K Yantar-2K ou Feniks foi a primeira familia de satélites Yantar de recoñecemento en alta resolución. Foron desenvolvidos por TsSKB Progress e construídos por OAO Arsenal. Estaban formados por un módulo de servizo cun motor capaz de varios reacendidos e dous paneis solares, un vehículo cónico de reentrada coa cámara de alta resolución Zhemchug-4 e dous vehículos de reentrada máis pequenos e esféricos. Cada satélite tiña unha masa de 6700 kg e orbitaban a Terra durante 30 días en órbitas de 350 x 170 km ata o retorno da película fotográfica nas súas cápsulas. Lanzárones 30 Yantar-2K entre 1974 e 1983 mediante foguetes Soiuz U, con dous fallos.

Yantar-4K1 Os Yantar-4K1 ou Oktan foron a segunda xeración de satélites Yantar de recoñemento de alta resolución. Eran unha mellora dos Yantar-2K, cun maior tempo de vida en órbita e un sistema de cámara mellorado. Tamén foron desenvolvidos por TsSKB Progress e construídos por OAO Arsenal. Tiñan o mesmo sistema de cápsulas de retorno pero podían estar en órbita ata 45 días, usando unha cámara de alta resolución Zhemchug-18 que, ao igual que a Zhemchug-4, podía reutilizarse ao ser devolta a terra na cápsula principal. As súas órbitas eran como as dos Yantar-2K e lanzáronse 12, todos exitosos e mediante Soiuz U, entre 1979 e 1983.

Yantar-4K2 Virtualmente idénticos aos Yantar-4K1, os Yantar-4K2 ou Kobalt supoñían unha lixeira mellora en prestacións. Lanzáronse 81, con tres fallos, todos usando Soiuz U, entre 1981 e 2002.

Yantar-1KFT Os satélites Yantar-1KFT, tamén coñecidos como Kometa e Siluet, foron ideados para substituír os satélites de recoñecemento Zenit 4MT e levaban a bordo unha cámara topográfica TK-350 e unha cámara Topaz KVR-1000 de alta resolución, ambas con película fotográfica. Os satélites usaban dúas cámaras de posicionamento estelar, un altímetro láser, sensores de navegación e dispositivos de sincronización. Os rollos de película eran devoltos á Terra nunha cápsula reutilizable baseada na dos satélites Zenit. A órbita típica dos satélites Yantar-1KFT era circular e de 220 km de altura en voos cunha duración de 45 días. A cantidade de película daba para fotografar 10,5 millóns de km2 de superficie terrestre. Lanzárones 21 Yantar-1KFT entre 1981 e 2005, cun fallo total e un fallo parcial, todos mediante Soiuz U.

Yantar-4K2M Os Yantar-4K2M ou Kobalt-M foron os últimos satélites Yantar en usar película fotográfica. Tiñan a mesma estrutura que os Yantar-4K2 e antecesores e eran inxectados mediante foguetes Soiuz U (salvo as dúas últimas unidades, que usaron foguetes Soiuz 2-1a) en órbitas similares. Podían pasar ata 130 días en órbita e eran capaces de obter imaxes cunha resolución de 0,3 m. Os satélites tiñan capacidade de manobrar para poder sobrevoar áreas de maior interese.

Yantar-4KS1 Os Yantar-4KS1 ou Terilen foron os primeiros satélites Yantar electroópticos e que non necesitaban película fotográfica. Enviaban as imaxes a través dos satélites de comunicación Potok e eran inxectados en órbitas con altura de menos de 280 km. Lanzáronse quince, todos mediante Soiuz U e con dous fallos.

Yantar-4KS1M Os Yantar-4KS1M ou Neman eran versións melloradas dos Yantar-4KS1. Eran capaces de estar ata 259 días en órbita contra os 207 días dos anteriores.

Historial de lanzamentos