William Toby White é un ictiólogo australiano.
Traxectoria White recibiu o título de BSc (bacharelato en Ciencias) en 1997 e o de doutoramento en Ciencias Biolóxicas en 2003 na Universidade de Murdoch, de Perth, Australia.
Na súa tese de doutoramento, "Aspects of the biology of elasmobranchs in a subtropical embayment in Western Australia and of chondrichthyan fisheries in Indonesia", examinou1. A distrinución espacial dos recursos alimentarios dispoñíbeis para as especies de tiburóns e raias nas costas de Australia e,2. As frecuencias relativas destas especies capturadas nas pesqueiras nas costas do sueste de Indonesia.White, William Toby (2003): Aspects of the biology of elasmobranchs in a subtropical embayment in Western Australia and of chondrichthyan fisheries in Indonesia. Murdoch University.
De 2004 a 2006 realizou a súa formación posdoutoral, tamén na Universidade de Murdoch.
White centrou os seus estudos na especiación e a biodiversidade das especies de tiburóns e raias (subclase dos elasmobranquios) a través da sistemática morfolóxica e molecular. Dr Will White. Ichthyologist en csiro.au
Desde 2006, White traballa como ictiólogo na Australian National Fish Collection, que forma parte das instalacións de investigacións mariñas e atmosféricas CSIRO en Hobart, a capital do estado australiano de Tasmania.
A partir de 2014 foi o autor de polo menos 137 publicacións, que foron citadas polo menos 1767 veces.William White. CSIRO Marine & Atmospheric Research Google Scholars. Conssultado o 7 de abril de 2022.
Describiu máis de 50 novas especies de tiburóns e raias, así como 7 novos peixes teleósteos en publicacións das que foi autor ou coautor,Publicacións de William Toby White en ResearchGate. Conssultado o 7 de abril de 2022. incluíndo o descubrimento e nomeamento da especie de tiburón Squalus formosus.Roach, John (2011): "New Shark Species Found in Food Market". National Geographic. Conssultada o 7 de abril de 2022.
Outra área de interese das súas investigacións é a xestión pesqueira dos países en desenvolvemento, particularmente en Papúa-Nova Guinea e no arquipélago indonesio.
Desde 2011 é o editor da revista Ichthyological Research.[https://www.springer.com/journal/10228/editors Ichthyological Research.
Abreviatura A abreviatura White emprégase para recoñecer a William Toby White como autoridade na descrición e taxonomía en bioloxía.
Notas
Categoría:Científicos de Australia Categoría:Ictiólogos de Australia Categoría:Alumnos da Universidade Murdoch Categoría:Nados en 1977