Xoán Manuel Ramos Rodríguez, nado en San Cosme de Antes (Mazaricos) o 13 de decembro de 1958, é un político galego do BNG.

Traxectoria Licenciado en Mestría Industrial na rama de electrónica, cursou Enxeñaría de TelecomunicaciónsEntrevista en La Voz de Galicia, Barbanza, 27-3-2003, p.10.. Empregado de Telefónica e membro de Grille Sociedade Cooperativa Galega, da cal foi presidenteEntrevista en La Voz de Galicia, Barbanza, 27-3-2003, p.10.. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do BNG en Mazaricos e foi elixido alcalde, pese a lograr tan só un concelleiro, ó recibi-lo apoio do PPdeG e PSdeG para desbancar o ata entón alcalde Manuel Maneiro Grille, que encabezaba a Converxencia Nacionalista Galega, pasando a conformar un goberno de coalición con populares e socialistasLa Voz de Galicia, Barbanza, 14-6-1991, p.38.. En xaneiro de 1992 foi presentada unha moción de censura encabezada por un edil popular que contaba co apoio de 4 edís da CNG e outro edil do PPdeGLa Voz de Galicia, 19-1-1992, p.22., porén o outro edil popular retirou o apoio ó considerarse enganadoLa Voz de Galicia, 25-1-1992, p.1., o cal fixo fracasar a mociónMoción de censura fallida en el Concello de Mazaricos, polo que puido seguir gobernando cos 2 edís socialistas e 2 do PPdeG que rexeitaran a moción.

Nas municipais de 1995 volveu encabeza-la candidatura do BNG e logrou un notable avance ó pasar de 1 a 5 concelleiros, sendo a segunda forza máis votada, pero perdeu a alcaldía en favor do PPdeG que logrou a maioría absoluta. Volveu encabeza-la candidatura nacionalista en 1999 e 2003, pero non conseguiu recupera-la alcaldía e perdeu forza en favor do PSdeG e o PPdeG, o cal mantivo a alcaldía, se ben continuou a ser a segunda forza política do concello. Nas municipais de 2007 foi o número 2 da candidatura nacionalista, encabezada por Juan José Blanco Riveiro, que logrou mellora-los resultados aínda que os populares mantiveron o goberno. En xaneiro de 2008 renunciou como concelleiro, pasando a centrarse na súa actividade privada na cooperativa de GrilleEl ex alcalde mazaricano Xoán Manuel Ramos deja la política. Dita cooperativa está integrada en Feiraco, pola cal chegou a competir pola súa presidencia. En 2012 pasou a formar parte de Compromiso por Galicia, sendo elixido en xaneiro de 2013 responsable local en MazaricosCompromiso por Galicia escolleu aos seus responsables locais en Muros-Noia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mazaricos

Categoría:Alcaldes de Mazaricos Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes