Malencolía é un filme galego de 2021 dirixido e escrito por Alfonso Zarauza e rodado en lingua galega. Está protagonizado por Melania Cruz e Xulio Abonjo e é unha mestura de cinema de terror e comedia. Recibiu 11 nomeamentos na 20ª edición dos Premios Mestre Mateo, sendo o gañador de dous premios, mellor actor secundario para Diego Anido e mellor actriz secundaria para Iolanda Muíños.
Sinopse O filme conta a historia de Sira e Pepe, unha parella que logo de vivir 10 anos en Berlín, decide regresar a Galicia. A súa nova residencia será unha casa nunha aldea considerada abandonada, mais na que vive unha muller coa que comezarán unha relación estraña.
Personaxes Melania Cruz como Sira Xulio Abonjo como Pepe Iolanda Muíños como Isolina Diego Anido Xosé A. Touriñán Ledicia Sola Tito Asorey Deborah Vukusic Ricardo de Barreiro Marta Lado
Produción O rodaxe do filme fíxose nos concellos de Boborás, O Irixo e O Carballiño. A banda sonora foi composta por Xavier Bértolo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Alfonso Zarauza Categoría:Filmes rodados en Galicia