Doris es un xénero de moluscos opistobranquios da orde dos nudibranquios, suborde dos doridinios, infraorde dos doridoideos, superfamilia dos Doridoidea e familia dos dorídidos.Doris Linnaeus, 1758} no WoRMS. Consultado o 8 de abril de 2022.

Taxonomía Descrición O xénero foi desdrito en 1758 por Linneo na 12ª edición do seu Systema Naturae.

Etimoloxía O nome científico Doris tomouno Linneo de Doris, unha oceánide, filla, por tanto, de Océano e da súa irmá e esposa Tetis, unha das deusas menores asociadas ao mar.Elaine Matthews (2007): Old and New Worlds in Greek Onomastics. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1972-6412-6.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñecuese tamén polos sinóninos:

Anoplodoris P. Fischer, 1883 Archidoris Bergh, 1878 Austrodoris Odhner, 1926 Doridigitata d'Orbigny, 1839 Doriorbis Kay & D. K. Young, 1969 Guyonia Risbec, 1928 Neodoris Baba, 1938 Praegliscita Burn, 1957 Siraius Er. Marcus, 1955 Staurodoris Bergh, 1878

Especies Na actualidae recoñécese como válidas as seguintes especies:

Doris acerico Ortea & Espinosa, 2017 Doris adrianae Urgorri & Señarís, 2021 Doris alboranica Bouchet, 1977 Doris ananas P. Lima, Tibiriçá & Simone, 2016 Doris atypica (Eliot, 1906) Doris beringiensis (Martynov, Sanamyan & Korshunova, 2015) Doris bertheloti (d'Orbigny, 1839) Doris bicolor (Bergh, 1884) Doris bovena Er. Marcus, 1955 Doris caeca (Valdés, 2001) Doris cameroni (Allan, 1947) Doris capensis (Bergh, 1907) Doris chrysoderma Angas, 1864 Doris claurina (Er. Marcus, 1959) Doris falklandica (Eliot, 1907) Doris fontainii d'Orbigny, 1837 Doris fretterae T. E. Thompson, 1980 Doris fulva (Eliot, 1907) Doris hayeki Ortea, 1998 Doris ilo (Er. Marcus, 1955) Doris immonda (Risbec, 1928) Doris januarii (Bergh, 1878) Doris juanformelli Ortea & Espinosa, 2017 Doris kerguelenensis (Bergh, 1884) Doris kpone Edmunds, 2013 Doris kyolis (Ev. Marcus & Er. Marcus, 1967) Doris laboutei (Valdés, 2001) Doris leoparda Kelaart, 1858 Doris magnotuberculata (Martynov, Sanamyan & Korshunova, 2015) Doris marmorata Risso, 1818 Doris minuta Edmunds, 2013 Doris montereyensis J. G. Cooper, 1863 Doris morenoi Ortea, 1989 Doris nanula (Bergh, 1904) Doris nobilis (Odhner, 1907) Doris nucleola Pease, 1860 Doris ocelligera (Bergh, 1881) Doris odhneri (MacFarland, 1966) Doris parrae Ortea, 2017 Doris pickensi Marcus & Marcus, 1967 Doris pseudoargus Rapp, 1827 Doris pseudoverrucosa (Ihering, 1886) Doris scripta (Bergh, 1907) Doris sticta (Iredale & O'Donoghue, 1923) Doris sugashimae (Baba, 1998) Doris tanya Ev. Marcus, 1971 Doris tricolor (Baba, 1938) Doris verrucosa Linnaeus, 1758 Doris violacea (Bergh, 1904) Doris viridis (Pease, 1861) Doris wellingtonensis Abraham, 1877

Distribución Estas pequenas lesmas mariñas distribúense por todos os océanos, desde augas tropicais até as frías augas do Antártico, nun rango de temperaturas entre os -1,47 <sup>○</sup> e os 23,79 <sup>○</sup> C, e nun rango de profundidades entre os 0 m e os 1 290 m.IOBIS: Sistema Integrado de Información Bioxeográfica Oceánica . Consultado o 8 de abril de 2022.

En Galicia En Galicia, segundo Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt, só se encontra, en todo o litoral, a especie Doris verrucosa, aínda que é pouco común; mide até 30 mm, e vive entre o litoral interior e a rexión infralitoral, en fondos de pedras e algas, onde se alimenta de esponxas.Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Valdés Á. (2002): "A phylogenetic analysis and systematic revision of the cryptobranch dorids (Mollusca, Nudibranchia, Anthobranchia)". Zoological Journal of the Linnean Society 136''': 535-636. Gofas, S., Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca". En: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Collection Patrimoines Naturels nº 50. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 180-213.

Outros artigos Gasterópodos Opistobranquios Nudibranquios DoridiniosDoridoidea'' Dorídidos

Ligazóns externas Descrición de moitas especies de nudibranquios: Seaslugforum. Páxina con gran variedade de recursos dedicada aos nudibranquios: Nudipixel.

Categoría:Gasterópodos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné