A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) é unha asociación cultural constituída o 28 de maio de 1988 na vila de Melide. A súa finalidade é o estudo, a conservación, o fomento e a divulgación da música tradicional galega.

Historia miniatura|Busto na memoria de Ricardo Portela. |306x306px Na década de 1970 organizáronse na vila de Ortigueira unha serie de reunións, entre gaiteiros e artesáns, co fin de unificar criterios dentro do seu sector profesional. Nestas xuntanzas debatíase desde os prezos a estipular por actuación, en alboradas e romarías, até a estandarización das pezas das gaitas. Movíaos tamén o desexo de que os gaiteiros, moi desprestixiados durante o período franquista, volvesen a ocupar un lugar de importancia na sociedade galega, como tiña sido nos anos vinte e trinta do século XX.

Andando o tempo, estas reunións pasaron a realizarse na vila de Melide. Alí, baixo a presidencia de Ricardo Portela, foron elaborados uns estatutos para a creación dunha organización formal. Dou comezo daquela un traballo de implantación por todo o país que desembocou na constitución da nova asociación o 28 de maio de 1988. A primeira asemblea de socios tivo lugar en Compostela, o 26 de febreiro de 1989. Dela saíu unha directiva presidida por Xosé Vicente Ferreirós, pasando Portela a ocupar a presidencia de honra de xeito vitalicio. Guerra das gaitas Ferreirós permaneceu no cargo até o 1993, momento no que foi substituído polo ferrolán Santiago Caneiro. Durante esta década de 1990 a asociación viuse envolta nunha polémica coñecida como "a guerra das gaitas". O conflito veu motivado pola introdución en Galiza, con financiamento público, dun novo tipo de banda de gaitas de inspiración escocesa. A AGG opúxose a estas modificacións, entendendo que as mudanzas supuñan unha deturpación da tradición galega e mesmo unha ameaza para a súa continuidade. Esta confrontación marcou a actividade da asociación nos anos noventa. Finalmente, debido á redución das subvencións públicas, o fenómeno das bandas de modelo escocés foi esmorecendo, pasando o número destas agrupacións de arredor de 150 nos anos 1993-94 a só unhas 20 no 2015.

Durante estes anos de conflito a AGG continuou reforzándose. Aumentou o seu número de asociados e multiplicou a cantidade e calidade das súas actividades: Creou un portal web, comezou unha participación regular en emisións radiofónicas, editou revistas, discos, participou en mostras de instrumentos, xornadas etc. A directiva da organización mudou tamén, para dar cabida a xente procedente do sector baile tradicional.

Actualidade Na primeira década do século XXI a asociación puxo a andar dous dos seus proxectos estrela: En novembro de 2008, iniciou a súa actividade en Lugo a Tradescola, unha escola presencial de música e baile tradicional onde se imparten clases semanais, cursos monográficos e outras actividades vencelladas á cultura tradicional; E a Casa da Gaita, o primeiro museo dedicado integramente á gaita de fol. Está situado en Viascón (Cotobade), lugar de nacemento de Ricardo Portela. Nela inclúese unha exposición de instrumentos cedidos por diferentes artesáns da AGG.

No ano 2015 produciuse outra mudanza na presidencia da asociación pasando a ocupala o luthier de Outeiro de Rei, Xaneco Tubío.

Memoria de actividades Anuais

miniatura|300x300px|Posto da AGG na Mostra de instrumentos tradicionais do Festival de Pardiñas en 2022.Domingo das Mozas, o día grande das Festas do San Froilán de Lugo, onde convocados pola AGG se xuntan centos de gaiteiros polas rúas e no que os visitantes participan vestidos co traxe tradicional galego. Mostra de instrumentos tradicionais de Pardiñas, unha exposición durante o festival de Pardiñas con artesáns de todo o país, considérase a máis antiga da Península Ibérica destas características; Xantar Gaiteiro, un xantar festivo que vai rotando anualmente polas diferentes vilas. Memorial Ricardo Portela e Mostra de instrumentos tradicionais, desde o ano 2003 en colaboración co concello de Pontevedra. Seminarios monográficos durante a Foliada de Melide. Congreso de ensinantes de música tradicional (2006-2011). Encontro de tocadores de trompa galega da Fonsagrada (2007-2009). Espazo de cultura tradicional no Festigal (desde 2008). Xornadas de baile tradicional (desde 2009). Xornadas de percusión tradicional (desde 2012). Xornadas arredor da música tradicional (desde 2013). Xornadas sobre organoloxía da gaita (2014). Memorial Henrique Otero, concello de Vigo. (desde 2014). Xornadas sobre o serán, concello de Pazos de Borbén (desde 2015). Xornadas "a gaita no mar" (desde 2016). Xornadas da requinta (desde 2018).

Radio

O recuncho da palleta. Emisión radiofónica emitida, desde o ano 2000, nas fins de semana dentro do programa Lume na Palleira da Radio Galega. Rumboia. Espazo radiofónico da asociación en Openradio.

Publicacións

Aturuxo. Voceiro oficial da asociación desde o ano 2005. Actas dos 1º e 2º congreso de ensinantes de música tradicional.

O quiquiriqui. Libro CD-DVD editado no 2006. Recolle cantigas e tradicións do nadal. Pelo Gato 24. Libro CD-DVD editado no 2007. Contén xogos tradicionais e cantigas infantís. Trece Luás. Libro CD-DVD editado no 2009. Con cantigas tradicionais correspondentes aos diferentes meses do ano. O berce das palletas. Libro editado no ano 2009. Explica o proceso de construción de palletas e pallóns. Son do fol. Libro CD editado no ano 2012. Método infantil de iniciación á gaita.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Publicacións da Asociación de Gaiteiros Galegos. - Issu.com.

Asociación de Gaiteiros Galegos - TVG (A porta aberta nº 28 - 2023).

Categoría:Música tradicional galega Categoría:Baile tradicional galego