Jimmy Savile: A British Horror Story é unha serie documental estadounidense de Netflix estreada en abril de 2022. A serie trata sobre a vida e carreira da personalidade de televisión británica Jimmy Savile, o seu historial de abusos sexuais e o escándalo que se produciu logo de destaparse á opinión pública tras a súa morte en 2011, momento no que se presentaron numerosas acusacións sobre o seu comportamento.

Acollida Nunha recensión para The Independent, Louis Chilton declarou " O documental en dúas partes de Netflix é un retrato lixeiro e ocasionalmente devastador da vida malvada de Savile, pero o tema resulta demasiado espiñento para o tratamento estándar do crime real". Carol Midgley para The Times dixo "... como todos os documentais sobre este pervertido noxento, desagradable de ver. Isto non se debe só ao detalle espantoso, como Savile metendo rutineiramente os dedos na vaxina das nenas e prometerlle a adolescentes con problemas viaxes aos estudos da BBC a cambio de sexo oral. Tamén é incómodo porque, como sabemos, a nación louvaba, adoraba a un heroe e, de feito, nomeaba cabaleiro a un pedófilo psicópata."

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América