O organicismo arquitectónico, arquitectura orgánica ou arquitectura organicista é a concepción arquitectónica baseada na convicción de que a arte debe imitar á natureza. Considera principalmente os edificios como organismos que deben adaptarse ao medio natural inmediato que os rodea. Por iso, favorece a interrelación entre o exterior e o interior, é dicir, potencia a harmonía entre o hábitat natural e o humano. O termo foi suxerido por Frank Lloyd Wright. a mediados do século XX foi empregado tamén o termo urbanismo organicista, con certos matices de significado.

Este movemento arquitectónico deriva do funcionalismo, que subordina a forma dunha construción á súa función e necesidades, porén hai exemplos de organicismo moi diversos, algúns de concepcións opostas ao racionalismo, outra rama contemporánea da arquitectura moderna que derivou do funcionalismo. O organicismo ten formalmente certa conexión coa evolución do modernismo ibérico (non confundir co termo modernism anglosaxón) e os movementos da Art Nouveau e o Arts & Crafts. Conceptos No século XIX había unha preocupación polo estilo, pola estética, polo estudo do organicismo no mundo arquitectónico. Caroline Van Eck distingue tres versións do organismo:

o organismo tectónico: que considera a natureza como modelo de procedementos construtivos, e a forma debe ser representada a través da decoración do ornamento (cf. Karl Friedrich Schinkel). organicismo relixioso: que contempla a natureza como obra de Deus e, para sentir a experiencia relixiosa en toda a súa plenitude, opta por edificios con trazos da arquitectura gótica (cf. John Ruskin). organismo científico: que se basea no uso de conceptos biolóxicos como "tipo" e condicións espaciais. Introduce novos materiais para substituír a ornamentación.

Arquitectos como Viollet-le-Duc, Gottfried Semper ou Sullivan buscaron representar a natureza da pedra, o seu material e o seu método e comportamento máis que a súa forma. Viollet-le-Duc sinalou que o aspecto a imitar era a unión que presenta a natureza, que na arquitectura se materializa na construción: "en poucas palabras, creación é unión; caos, ausencia de unión".

Un dos principais impulsores do movemento foi Frank Lloyd Wright, discípulo de Sullivan e da Escola de Chicago.Sullivan describe o pensamento orgánico como o pensamento do tempo presente, porque só no preciso momento presente se pode experimentar verdadeiramente a sensación de vivir e, en consecuencia, o presente é un momento orgánico, sempre que estea vivo e non secundario. Así que a palabra orgánica refírese á estrutura viva, unha estrutura ou concepto onde os elementos e as partes deben ser recoñecidos na súa forma, para construír unha obra integral. Polo tanto, tanto para Sullivan como para Wright, un edificio que é integral é un organismo vivo. Frank Lloyd Wright elaborou unha serie de principios e funcións que reúnen os edificios de estilo orgánico.

Espazos abertos, planta aberta Uso de materiais locais Revelación da propia natureza dos materiais Adaptación do sitio á psicoloxía do cliente Adaptación do edificio ao seu sitio; debería parecer crecer facilmente dende o lugar arquitectónico Consideración da Individualidade en cada aspecto ou parte Liberdade do artista para dotar á súa obra dun toque da súa personalidade Escoller unha forma dominante para un edificio e integrar esa forma en todo Usar cores naturais: "Ir ao bosque e ao campo para ver esquemas de cores" Proporcionar un lugar para a follaxe natural.

Expresou a súa aspiración última sobre esas funcións dos edificios en relación coa contorna:

E estableceu tamén unha definición exhaustiva.

David Pearson, un arquitecto e construtor seguidor da corrente orgánica ou organicista, expresou unha lista de normas ou estándares coñecida como a Carta de Gaia para a arquitectura e o deseño orgánicos.

Inspirarse na natureza, priorizando a sostibilidade e a diversidade Permitir que o interior da semente medre, como fai un organismo Existir no presente continuo e comezar repetidamente Seguir os fluxos e sexa flexible Satisfacer as necesidades sociais, físicas e espirituais Crecer fóra do lugar e ser único Celebrar a xuventude, xogar e sorprender Expresar o ritmo da música e a enerxía da danza.

Outro teórico do organicismo foi Alvar Aalto, que expresou a necesidade de que a arquitectura se centre nos aspectos psicolóxicos e non só nos requisitos impostos pola función ou a técnica.

Galería de imaxes

Seguidores e exemplos

Frank Lloyd Wright - The Waterfall House (Fallingwater), EEUU Peter Cook e Colin Fournier - Casa das Artes (Kunsthaus Graz), 2003 Graz, Austria. Zaha Hadid - Al Wakrah Stadium, Qatar, Emiratos Árabes Unidos. Alvar Aalto - Auditorium da Universidade Politécnica de Helsinqui, 1966. Otaniemi, Espoo. Finlandia. Louis Sullivan - Harold C. Bradley House, Wisconsin. Antoni Gaudí - Parc Güell Foster and Partners - The Gherkin, 2003 Londres, Reino Unido. Renzo Piano - The Jérôme Seydoux-Pathé Foundation, 2014 París, Francia Bruce Goff - Eugene Bavinger House, 1955 Norman, Oklahoma, Estados Unidos. Rudolf Steiner - Goetheanum

Friedensreich Hundertwasser - Termas, Bad Blumau, Austria. ARTechnic - Oficinas ArtTechnic, 2008 Karuizawa, Xapón. Kengo Kuma - Water / Cherry, 2012, Xapón. Samuel Flores - Casa de campo en Lujan, 1998 Buenos Aires, Arxentina. Imre Makovecz - Igrexa cristiá, 1987 Paks, Hungría. Heatherwick Studio - Nanyang Technological University, 2015 Singapur, República de Singapur Ivan Taslimson - Aquatecture, 2010 Balí, República de Indonesia Javier Senosiain - Casa Orgánica, 1985 Naucalpan, México Fariborz Sahba - Lotus Temple, 1986 Nova Deli,India. Anton Alberts - Amsterdamse Poort, 1986 Ámsterdam Zuidoost, Países Baixos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Arquitectura moderna Arts & Crafts Art Nouveau Funcionalismo Modernismo (estilo arquitectónico da Península Ibérica) Modernismo catalán Estilo Internacional (en inglés modernism) Alvar Aalto Frank Lloyd Wright

Bibliografía

van Eck, Caroline. Organicism in 19th cent arch., p.18.  van Eck, Caroline. Organicism in Nineteenth-Century Architecture: An Inquiry Into its Theoretical and Philosophical Background. Leiden University, 1994. ISBN 9071570290.  Wright, Frank Lloyd. In the cause of architecture. Universidade de Míchigan: Architectural Record, 1975. ISBN 0070253501, 9780070253506. 

Ligazóns externas

"Frank Lloyd Wright: From Within Outward" - Vídeo en YouTube

Categoría:Arquitectura Categoría:Arte Categoría:Estilos arquitectónicos