miniatura| Selo de Lutero O selo ou rosa de Lutero é un símbolo amplamente recoñecido do luteranismo mundial, deseñado polo propio Martiño Lutero durante a súa estancia na fortaleza de Coburgo, mentres se estaba a desenvolver a Dieta de Augsburgo (1530). Historia Lutero escribiu unha detallada descrición e interpretación deste selo para que o seu amigo Lazarus Spengler deseñase un bosquexo preliminar para el. Lutero viuno como un compendio ou expresión da súa teoloxía e fe, usouno dende entón para selar a súa correspondencia.Esta carta de Lutero a Lazarus Spengler, datada o 8 de xullo de 1530, aparece en diversas fontes, como a edición de Weimar das súas obras (Briefe Vol. 5: 444f) ou a edición inglesa Luther's Works: American Edition, vol. . 49: 356-359.
Lutero tamén informou a Filipe Melanchthon o 15 de setembro de 1530 de que o elector o visitara persoalmente na fortaleza de Coburgo e lle dera un anel con selo, probabelmente con esta nova Rosa de Lutero.
Algunhas igrexas de rito bizantino, como a ucraína, seguen a usar o selo.
Polémica miniatura| Selo de Lutero Porén, algúns autores trataron de relacionar a rosa de Lutero cos rosacruces (por exemplo, na revista esotérica Regnabit, xaneiro de 1925, o artigo de Charbonneau-Lassay, "On the Emblematic Rose of Martin Luther") que Lutero descoñecía completamente o simbolismo oculto asociado á rosa e á cruz, historicamente o rosacrucismo aparece só no século XVII.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Lutero, Martiño. D. Martin Luthers Werke, Kritische Gesamtausgabe. Briefwechsel. 18 vols. Weimar: Verlag Hermann Böhlaus Nachfolger, 1930-85. (abbreviated as WABr above). Lutero, Martiño. Luther's Works. 55 Volumes. Various translators. St. Louis: Concordia Publishing House; Minneapolis: Fortress Press, 1957-1986. CD-ROM edition, 2001. (abbreviated as LW above).
Categoría:Luteranismo