Mónica Alario Gavilán é unha filósofa experta en violencia sexual e pornografía.

Traxectoria Licenciada en Filosofía e máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero. Doutora internacional en Estudos Interdisciplinares e de Xénero. A súa tese doutoral, dirixida por Ana de Miguel, titúlase La reproducción de la violencia sexual en las sociedades formalmente igualitarias: un análisis filosófico de la cultura de la violación actual a través de los discursos y el imaginario de la pornografía.

Tras afirmar en TVE que " hai unha vinculación clarísima entre a pornografía que están consumindo os adolescentes e a violencia sexual en grupo" foi vítima de acoso nas redes sociais.

Recoñecemento Primeiro Premio da Delegación de Goberno contra a violencia de xénero a teses de doutoramento sobre violencia contra a muller.

Obra Política sexual de la pornografía (Ed. Cátedra). Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Seminario Online Política Sexual da Pornografía, por Mónica Alario Gavilán Curso sobre Pornografía do Itinerario Formativo virtual en Xénero da Uvigo.

Categoría:Personalidades da filosofía Categoría:Feministas antipornografía