Kreuzlingen é unha cidade e comuna suíza do cantón de Turgovia, capital do distrito de Kreuzlingen.

Situación Kreuzlingen atópase nas beiras do lago Constanza. Limita ao norte coa comuna de Constanza (DE-BW), ao leste con Bottighofen, ao sueste con Lengwil, ao suroeste con Kemmental e ao oeste con Tägerwilen.

Cidade transfronteiriza Realmente esta cidade e a veciña alemá de Constanza forman un único núcleo urbano, compartindo as súas rúas e conformando unha cidade real que supera os 100.000 habitantes, a maior concentración urbana deste gran lago.

Historia A orixe da cidade está no antigo mosteiro agostiño de "Crucelin", fundado no ano 1125 polo bispo Ulrich I (Santo Ulrico). Unha das rutas do Camiño de Santiago comeza en Kreuzlingen-Constanza.

Monumentos e turismo A cidade de Kreuzlingen conta con numerosos monumentos e lugares de lecer. Anexo ao seu porto atópase o Seeburgpark, un parque á beira do lago cunha importante zona de xogos infantís, amplos recintos de animais en perigo da zona e acceso directo ao Seemuseum, ou Museo do Lago, cuxo contido xira ao redor da historia do transporte fluvial e a pesca no mesmo.

Entre os edificios máis importantes da cidade están a basílica de Santo Ulrico (século XII) e o Palacio Girsberg (século XV), que alberga un Museo de Marionetas.

Comunicacións A cidade sitúase no extremo nordés de Suíza e nas beiras do lago, o cal a converte nun nó de comunicacións importante, con accesos directos por ferrocarril e barco a diferentes cidades das veciñas Alemaña e Austria. Ademais, o aeroporto de Zürich atópase a só unha hora de traxecto por tren.

Cidades irmandadas Cisternino Wolfach

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial da cidade de Kreuzlingen Páxina oficial do Seemuseum

Categoría:Cidades de Suíza