miniatura|Ilves e Tappara antes do inicio do partido inaugural do Nokia Arena durante a tempada 2021-2022. O derbi de Tampere é o enfrontamento deportivo entre o Ilves e o Tappara, os dous equipos principais de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Os dous equipos son os máis laureados do hóckey sobre xeo finlandés, téndose repartido o campionato finlandés en 36 ocasións (20 veces para Tappara e 16 para Ilves).
Ilves e Tappara téñense enfrontado un total de 296 veces na liga regular ata a tempada 2019-20.
Os equipos O Ilves e o Tappara son os dous equipos máis exitosos do hóckey xobre xeo finlandés, tendo gañado entre os dous 36 campionatos finlandeses, así como numerosas medallas de prata e de bronce:
Equipo 20px Campión 20px Prata 20px Bronce Total Último campionato TBK/Tappara 20 13 12 45 2024 Ilves 16 9 15 40 1985
Ilves
miniatura|250px|Xogadores do Ilves antes dun partido da Champions Hockey League en outubro de 2022. O Ilves fundouse en 1931 como sección de hóckey sobre xeo do club polideportivo do mesmo nome, que nacera ese mesmo ano no seo do Tampereen Lyseo por iniciativa de Niilo Tammisalo, que era profesor no centro, para que o alumnado puidera practicar deportes de pelota.
Trátase do segundo equipo máis laureado do hóckey sobre xeo finlandés masculino, tendo gañado o campionato nacional en 16 ocasións. Con todo, o equipo non gañou máis que unha vez o campionato dende que a competición adoptou a denominación actual. Ademais conquistou nove medallas de prata e quince de bronce, e gañou a copa nacional (denominada Suomen Cup) en dúas ocasións (1958 e 1971).
Logo do seu debut na tempada 1931-32 o 24 de xaneiro de 1934 fronte os seus veciños do TaPa, o club conseguiu o seu primeiro título en 1936, revalidando o título nas seguintes dúas tempadas. O Ilves acabou converténdose no equipo máis laureado do hóckey sobre xeo finlandés antes do profesionalismo con 10 títulos en 39 edicións da SM-sarja. Con todo, logo da chegada do profesionalismo en 1975 o Ilves só foi quen de conquistar a Kanada-malja nunha ocasión na tempada 1984-85.
Moitos xogadores do Ilves vestiron a camisola da selección finlandesa e xogaron na National Hockey League. Ademais máis 50 xogadores e xogadoras do club foron introducidos no salón da fama do hóckey sobre xeo finlandés.
Tappara
miniatura|250px|Xogadores do Tappara no partido inaugural do Nokia Arena en decembro de 2021. As orixes do Tappara remóntanse ata o 9 de decembro de 1932, cando se fundou o Tammerfors Bollklubb (TBK) no seo da Escola Sueca de Tampere, mais non xogou o seu primeiro partido de hóckey sobre xeo ata 1934, cando debutou fronte o segundo equipo do Ilves. Non foi ata a tempada 1942-43 cando ascendeu á máxima categoría, daquela denominada SM-sarja. O TBK gañou o seu primeiro campionato finlandés en 1953, e revalidouno os dous anos seguintes.
En 1955, logo de conseguir o seu terceiro campionato, o club matriz cesou as súas actividades no hóckey sobre xeo. Este feito, unido a que a escola sueca non podía producir suficientes xogadores para o club, motivou que se creara un novo club chamado Tappara, que atraeu a mozos interesados no hóckey sobre xeo. O novo equipo axiña conseguiu éxitos deportivos e en 1959 gañou o seu primeiro campionato.
Trátase do equipo máis laureado do hóckey sobre xeo finlandés masculino, tendo gañado o campionato nacional en 20 ocasións. Ademais conquistou trece medallas de prata e doce de bronce, e gañou a copa nacional (denominada Suomen Cup) nunha ocasión (1957).
Moitos xogadores do Tappara vestiron a camisola da selección finlandesa, xogaron na National Hockey League, e foron introducidos no salón da fama do hóckey sobre xeo finlandés.
Historia
O primeiro enfrontamento entre ambos equipos tivo lugar na tempada 1942–43, cando Ilves derrotou ao daquela TBK por 0-6.
miniatura|250px|O Estadio de Ratina acolleu o derbi de Tampere ao aire libre, o Open Ice Winter Classic Tampere, en 2013. O 14 de decembro de 2013 ambos equipos protagonizaron un partido ao aire libre no Estadio de Ratina dentro da tempada 2013-14, ao que asistiron 15 000 persoas.
Encontros oficiais Campionato finlandés