O Agusta A.106 foi un helicóptero lixeiro monopraza deseñado para proporcionar unha plataforma de guerra antisubmarina (ASW) aos destructores da clase Impavido da Armada de Italia. O aparello tiña un sofisticado conxunto de electrónicas de Ferranti para autoestabilización e identificación de contactos. Podían colgarse dous torpedos baixo a fuselaxe. A cola e o rotor principal de dúas pás pedían dobrarse para ser gardados a bordo, e os patíns do tren de aterraxe podían levar bolsas de flotación.

Fabricáronse dous prototipos, o primenrio deles voando en novembro de 1965. Un lote de preprodución de 5 helicópteros foi cancelado pola Armada en 1973.

Operadores

Armada de Italia (Marina Militare) só para a súa avaliación

Especificacións Datos de Jane's All The World's Aircraft 1969-70Taylor 1969, p.124

Características xerais

Tripulación: un piloto Lonxitude: 8 m Altura: 2,5 m Peso baleiro: 590 kg Peso bruto: 1 400 kg Planta de potencia: 1 × Turbomeca-Agusta TAA.230 de 300 cabalos Diámetro do rotor principal: 9,50 m Área do rotor principal: 70,9 m2

Rendemento

Velocidade máxima: 176 km/h (109 mph, 95 kn) Alcance: 740 km (460 mi, 400 nmi) Aguante: 4 horas e 30 minutos Teito de servizo: 3 000 m Ritmo de ascenso: 6,2 m/s

Armamento

2 × torpedos Mk.44 ou 10 × cargas de profundidade ou 2 × metralladoras de 7,62 mm e 10 foguetes de 80 mm

Notas

Bibliografía

Categoría:Aeronaves de Agusta Categoría:Helicópteros Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1965