Sant Guim de Freixenet é un concello da comarca da Segarra. O concello, cunha extensión de 25,1 km², sitúase nas altas cotas da Meseta Central da Segarra, na conca hidrográfica entre as concas do Segre e o Llobregat . En concreto, o seu territorio esténdese entre as cabeceiras do río Sió, Ondara e Anoia, zona xeográfica tradicionalmente incluída como Alta Segarra. Limita cos concellos de Pujalt (ao norte), Veciana (ao nordeste) e Copons (ao leste), co enclave de Santa Maria del Camí (no concello de Veciana, ao sueste), con Argençola e Montmaneu (ao sur), e xa na Segarra, con Ribera d'Ondara (ao oeste) e con Estaràs (ao norte).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do concello de Sant Guim de Freixenet
Categoría:Concellos da provincia de Lleida