Viacheslav Zudov, nado en Bor, oblast de Nizhni Novgorod (Rusia) o 8 de xaneiro de 1942 e finado o 12 de xuño de 2024, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Soiuz 23.
Traxectoria Zudov graduouse na Escola Superior de Pilotos Militares de Balashov en 1963. En 1979 graduouse na Academia Gagarin da Forza Aérea. Foi seleccionado como astronauta en novembro de 1965, formando parte do grupo TsPK-3 e completando o seu adestramento en decembro de 1967. En 1976 participou na misión Soiuz 23 como comandante, pasando un total de 2 días no espazo. A misión tivo que volver do espazo prematuramente sen cumprir o seu obxectivo de acoplarse á estación militar Saliut 5 debido a uns sensores defectuosos. A nave regresou de noite, no medio dunha intensa tormenta de neve e sobre o xeado lago Tenguiz (a 195 km ao suroeste da cidade casaquistaní de Tselinograd, hoxe Astaná), coa cápsula tripulada afundíndose arrastada polo paracaídas e sendo rescatada 12 horas máis tarde tras grandes esforzos entre mergulladores e un helicóptero. Máis tarde Zudov foi membro das tripulacións suplentes para as misións Soiuz 15, Soiuz 21, Soiuz 35 e Soiuz T-4, pero nunca regresou ao espazo e adicouse ao adestramento de novos cosmonautas no Centro Gagarin ata a súa xubilación en 1992. Finou o 12 de xuño de 2024 á idade de 82 anos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz 23
Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados no óblast de Nizhnii Novgorod