Segundo o Xénese, no capítulo décimo, Iafet (en Iafeth ben Nōah; en árabe: يافث بن نوح, Yāfiṱ ibn Nūh) é fillo de NoéXénese. 6:10, irmán de Sem e Cam, e pai de Gomer, Magog, Madai, Iaván, Tubal, Méxec e Tirás.Xénese. 10:2
Sobreviviu ao Diluvio Universal grazas á Arca de Noé, onde Xehová mandou a Noé que levase á súa muller, aos seus fillos e ás súas esposas.Xénese 6: 9-22 Tradicionalmente considérase que Iafet e os seus descendentes poboaron a Europa actual, como no Xénese, no capítulo coñecido como a Táboa dos pobos,Xénese 10:1-32 indícase que viaxaron ás illas xentís, que seica se refire ás illas de Grecia, aínda que existen outras tradicións como a británica, que afirma que Samotes (que sería asimilado a Gomer), o cuarto fillo de Iafet, viaxou á Gran Bretaña e foi proclamado primeiro rei de Britania, baseado no texto Berosi Antiquitatum libri quinque cum Commentariis Joannis Annii, atribuído ao historiador Beroso o Caldeo; un falso-Beroso baixomedieval tamén xustificaba unha inventada dinastía de reis hispánicos que rexeran na Península Ibérica descendentes de Iafet.Julio Caro Baroja: Las falsificaciones de la Historia (en relación con la de España), pág 57. Círculo de Lectores, 1991.
Notas
Categoría:Personaxes da tora Categoría:Personaxes bíblicos