Robert John Grant, nado en Springville, Nova Escocia, o 12 de novembro de 1862 e finado en Pasadena, California, o 24 de novembro de 1949, foi director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1823 e 1833.
Traxectoria
Primeiros anos Robert J. Grant naceu o 12 de novembro de 1862 en Springville, condado de Pictou, Nova Escocia,Smith, P. (2012)."Robert J. Grant". Notyourgrandfathersmining.ca fillo de Christy Grant e de Peter James Grant. Alí asistiu a diversas escolas públicas.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 160.
Trasladouse aos Estados Unidos nos inicios da década de 1880 e pouco despois acadou a naturalización como estadounidense. Nos primeiros momentos traballou nunha empresa de artes gráficas en Boston, ao tempo que cursaba a súa educación secundaria.
Carreira na minaría do ouro Na súa Nova Escocia natal xa comezara a traballar nas minas de Stellarton, e a etapa máis longa da súa carreira profesional nos Estados Unidos desenvolveuse como enxeñeiro de minas. En 1892 alugou en Arizona a planta mineira de ouro Gold Bug Mine e dous anos despois traballou nunha mina en Aspen, Colorado.
Entre 1886 e 1889 foi adxunto á xerencia doutros establecementos mineiros, como a Portland Gold Mining Company, en Colorado, ou a W. S. Stratton Independent Mine. En 1904 fíxose cargo da xerencia da Cosmopolitan Mine, unha compañía británica na que tivo como socio o que máis tarde sería presidente do país, Herbert Hoover.
Fóra dos Estados Unidos, Grant formou parte de prospeccións mineiras en México e en Suráfrica.
A súa derradeira actividade no sector da minaría foi como enxeñeiro na Colorado Pure Lead Corporation, entre 1917 e 1921, en Colorado.
Dirección da Casa da Moeda dos EEUU miniatura|261x261px|Robert J. Grant no seu despacho en 1923.
En 1921, o presidente Warren G. Harding nomeou a Grant superintendente da Casa da Moeda de Denver, e o seguinte presidente, Calvin Coolidge, ascendeuno en novembro de 1923 a director da Casa de Moeda dos Estados Unidos, cargo que desenvolveu ata maio de 1933."Former Directors of the United States Mint". United States Mint. Foi durante o seu mandato cando o Goberno tomou o control da exportación de ouro no país.
Logo do seu labor á fronte da ceca pública estadounidense, Grant marchou á China, onde exerceu como asesor do Goberno daquel país en asuntos monetarios e da Casa da Moeda da China, e regresou aos Estados Unidos en 1941, por mor do seu delicado estado de saúde."The Cabinet: Mint Lady". En Time. 8 de maio de 1933.
En 1933 foi honrado cunha medalla emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, deseñada por John R. Sinnok.
Vida persoal Grant casou o 14 de xuño de 1894 con Leslie Hauyden.
O 24 de novembro de 1949, Robert J. Grant finou en Pasadena, California,"Robert J. Grant, 87, Ex-Director of the Mint". En The New York Times. 25 de novembro de 1949. no hospital Las Encinas Sanitarium, como consecuencia da doenza que o aqueixaba desde 1942."Ex-Boss of the Mint Robert J. Grant Taken by Death". En Los Angeles Times. 25 de novembro de 1949. Páxina 40.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Evans, G. G. (1898). Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxinas 87-88. Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). "Robert John Grant". Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 160-161. Smith, P. (2012). "Grant, Robert John". En American Numismatic Biographies. Páxina 154.
Outros artigos
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en Nova Escocia Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Estadounidenses de ascendencia canadense