Antemio de Trales (en latín Anthemius, en grego antigo Ἀνθέμιος), nado en Trales, Lidia, Imperio Romano de Oriente en 474 e finado en Constantinopla en 533, foi un notábel arquitecto, matemático e profesor. Traxectoria O seu pai chamábase Estevo e era médico. Un dos seus irmáns era o famoso médico Alexandre de Trales (Alexander Trallianus), e Agatías di que os outros tres irmáns, Dióscoro, Metrodoro e Olimpio, tamén eran eminencias nas súas profesións. Antemio pasou gran parte da súa vida profesional como profesor de matemáticas en Constantinopla.

Xunto con Isidoro de Mileto, foi un dos dous principais arquitectos encargados por Xustiniano I para construír a igrexa de Santa Sofía en Constantinopla en 532, pero morreu pouco despois de comezar a obra. Consérvase un escrito chamado Περί παραδόξων μηχανημάτων (Sobre os paradoxos da mecánica) sobre espellos parabólicos e ustorios. Coñecía a pólvora e construíu unha máquina de vaporAnthemius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 184.

Notas

Categoría:Arquitectos de Turquía Categoría:Nados na provincia de Aydın Categoría:nados en 474 Categoría:finados en 533 categoría:personalidades das matemáticas Categoría:Arquitectos da Roma Antiga