Rye é unha localidade situada no distrito non metropolitano de Rother, no condado de East Sussex, Inglaterra, Reino Unido.

Situación Atópase a uns dous quilómetros do mar aberto e está na confluencia de tres ríos: o Rother, Tillingham e Brede.

Historia Na época medieval, con todo, era un membro importante da confederación Cinque Ports, xa que estaba á cabeza dunha enseada da Canle Inglés e case enteiramente rodeada do mar.

Rye é oficialmente unha parroquia civil (Civil Parrish), pero polas súas raíces históricas ten o status de cidade. Durante a súa historia, a súa asociación co mar incluíu o abastecemento de barcos ao servizo do Rei en tempos de guerra, e estivo involucrado con bandas de contrabando dos séculos XVIII e XIX, como a famosa Hawkhurst Gang que utilizaba as súas pousadas, como The Mermaid Inn. O Olde Bell Inn, conectado por un pasadizo secreto.

Outros nomes Rye é o nome en lingua inglesa para o centeo e tamén como en galego (Centeo, Centeno, Orxo, Orjo, Orjales...) é un apelido; por exemplo leva ese apelido a botánica Barbara Lynette Rye, que é tamén a súa abreviatura taxonómica para os vexetais (RYE).

Varias cidades levan o nome de Rye nos Estados Unidos, nos estados de Nova York e Nova Hampshire.

Economía Esas raíces históricas e o seu encantoPaul Theroux considerouno un "museo na súa peculiaridade... Tiña o ambiente dunha tenda de porcelana". (Theroux, The Kingdom by the Sea, 1983:53s.) converten o lugar nun destino turístico, e unha gran parte da súa economía baséase nisto: hai unha serie de hoteis, casas de hóspedes, pousadas, salóns de té e restaurantes,, así como outras atraccións para os visitantes. Hai unha pequena frota pesqueira e Rye Harbour ten instalacións para iates e outras embarcacións.

Demografía No censo de 2001 tiña unha poboación de 4009 habitantes, pero na década de 2000 tivo un enorme incremento, case dobrando a súa poboación. No censo de 2012 tiña unha poboación de 9041 habitantes.

Na cultura popular Rye é a poboación na que EF Benson sitúa -modificándoa- as súas novelas Mapp e Lucy, chamándoa Tilling.

Notas

Categoría:Vilas e cidades de Sussex Oriental