Rhizosomichthys totae é unha especie de sifuriforme da familia Trichomycteridae, e a única especie do xénero Rhizosomichthys. Este peixe medra até os 13,8 centímetros e é endémico de Colombia onde estaba presente na conca do lago de Tota. Está clasificado como en perigo crítico (ou posiblemente extinto) pola Lista Vermella da IUCN. A especie foi observada por última vez en 1957, e só se atoparon 10 espécimes. A desaparición posiblemente estea relacionada coa liberación de 100.000 ovos de troita arco da vella importados no lago Tota en 1936.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista da flora e fauna que leva o nome dos muiscas

Categoría:Animais descritos en 1942 Categoría:Fauna endémica de Colombia Categoría:Especies en perigo crítico de extinción