Dúas mulas e unha muller (en ) é un filme estadounidense de 1970 dirixido por Don Siegel e protagonizado por Shirley MacLaine e Clint Eastwood. Está ambientado durante a intervención francesa en México (1861–1867). O filme ía ser o primeiro dunha asociación exclusiva de cinco anos entre Universal Pictures e Sanen Productions of Mexico.Issuu – You Publish Foi a segunda de cinco colaboracións entre Siegel e Eastwood, despois de Coogan's Bluff (1968). A colaboración continuou con As defraudadas e Harry o sucio (en 1971) e finalmente Fuga de Alcatraz (1979).

Conta a historia dun mercenario estadounidense que se involcra cunha monxa e axuda a un grupo de rebeldes juaristas durante o reinado monicreque do emperador Maximiliano I de México.Frayling (1992), p. 7Smith (1993), p. 76 O filme contou con actores e actrices tanto estadounidenses como mexicanos, e foi rodado na campiña preto de Tlayacapan, Morelos. Ennio Morricone compuxo a banda sonora.

Personaxes Clint Eastwood como Hogan Shirley MacLaine como Sara Manolo Fábregas como Coronel Beltrán Alberto Morin como Xeneral LeClaire Armando Silvestre como 1st American John Kelly como 2nd American Enrique Lucero como 3rd American David Estuardo como Juan Ada Carrasco como nai de Juan Pancho Córdova como pai de Juan José Chávez como Horacio José Ángel Espinosa como oficial francés Rosa Furman como amiga de Sara

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filmes de 1970 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Don Siegel Categoría:Filmes con banda sonora de Ennio Morricone Categoría:Filmes de Malpaso Productions Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes de 1970 con versión en galego Categoría:Clint Eastwood