A Lexión Española (en ) é unha unidade do Exército de Terra de España.

Orixe Fundada en 1920 por José Millán-Astray, foi creada orixinalmente como un terzo estranxeiro similar á Lexión Estranxeira Francesa. Despois de participar na guerra do Rif e na folga xeral revolucionaria de 1934 en Asturias, púxose do lado do bando sublevado rebelde durante a guerra civil española.

Polémica polo seu vínculo co franquismo En 2021 o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida restituíu o nome dunha rúa ao fundador da Lexión, que fora retirada para cumprir coa Lei de memoria histórica, feito amplamente criticado. O argumento da sentenza que obrigou a restaurar o nome foi que a Lexión tamén tivo períodos democráticos e que o seu fundador non participara na guerra civil.

Formación A Lexión está formada por catro terzos: "Gran Capitán" (1º), "Duque de Alba" (2º), "Don Juan de Austria" (3º) e "Alejandro Farnesio" (4º).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos BRILAT

Categoría:Infantaría Categoría:Exército de Terra de España Categoría:Unidades militares