Dólar de prata da desegregaciónda Little Rock Central High School170x170px170x170pxA/: Os pés dos "nove de Little Rock" escoltados por un soldado. Data e marcas de deseñador (RM) e de gravador (CLV). Lendas: LIBERTY / DESEGREGATION IN EDUCATION / IN GOD WE TRUSTR/: Fachada principal da Little Rock Central High School no seu aspecto de 1957. Marcas de ceca (P) e de gravador (DE). Lenda: ONE DOLLAR / E PLURIBUS UNUM / LITTLE ROCK CENTRAL HIGH SCHOOL / UNITED STATES OF AMERICA Valor: 1 dólar. Gravador: R. Masters e C. Vickers (anv.), e D. Everhart (rev.). Datas de emisión: 2007 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (P). Tiraxe: 190.771 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata da desegregación da Little Rock Central High School é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2007 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 109-146, do 22 de decembro de 2005,"Public Law 109-146 - DEC. 22, 2005". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda que recoñecese e rendese homenaxe á determinación amosada polos estudantes negros nos acontecementos da Littele Rock Central High School, en Little Rock, Arcansas, no outono de 1957, en conmemoración do seu quincuaxésimo aniversario. Estes feitos supuxeron un pulo na desegregación racial no ensino público dos EEUU."Little Rock Central High School Desegregation Silver Dollar". United States Mint.

Deseño Os deseños do dólar de prata conmemorativo da desegregación da Little Rock Central High School foron aprobados polo secretario do Tesouro dos Estados Unidos en xaneiro de 2007."United States Mint Announces Selected Designs for Little Rock Central High School Desegregation Silver Dollar". United States Mint. 24 de xaneiro de 2007.

No anverso da moeda, deseñado por Richard Masters e gravado por Charles Vickers, represéntanse os pés dos "nove de Little Rock", escoltados por un soldado para entrar na escola. Trátase dos primeiros rapaces negros que entraron nesa escola de secundaria no curso 1957-1958 logo de que o Tribunal Supremo dos Estados Unidos declarase inconstitucional a segregación racial. Por riba desta escena hai nove estrelas, que aluden aos nove alumnos, e a palabra LIBERTY ("Liberdade"); e por baixo, a lenda DESEGREGATION IN EDUCATION ("Desegregación na educación") e o lema IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos"), tradicional das moedas estadounidenses, así como a data de emisión da moeda."1 Dollar Little Rock Central High School Desegregation". Numista.com

miniatura|Fachada principal da Little Rock Central High School, en Little Rock, Arcansas, reproducida no reverso da moeda conmemorativa.

Pola súa banda, o reverso, obra de Don Everhart, reproduce unha imaxe da fachada principal da escola de secundaria de Little Rick no aspecto que presentaba en 1957. O edificio foi declarado Sitio Histórico Nacional dos Estados Unidos en 1998 e continúa funcionando como centro educativo. Na parte superior do reverso indícase en letra o valor facial da moeda e engádese o lema E PLURIBUS UNUM, en tanto que na parte inferior se expresa o nome do país e a lenda LITTLE ROCK CENTRAL HIGH SCHOOL.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia e a emisión estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 15 de maio de 2007."Little Rock Central High School Desegregation 50th Anniversary Commemorative Silver Dollar Available May 15". United States Mint. 4 de maio de 2007.

A súa produción foi de 66.093 moedas na súa condición estándar e 124.678 en versión con acabamento especial (proof) o que fai un total de 190.771 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2007 Little Rock Central High School Desegregation Silver Dollar". United States Mint.

A moeda comercializouse aos prezos de 35 dólares en condición estándar e 39 en versión proof, e consonte a lei que autorizou a súa emisión, o beneficio acadado pola súa venda foi destinado á Secretaría de Interior, para o mantemento do Sitio Histórico Nacional da Little Rock Central High School e o desenvolvemento dos seus programas educativos e dos seus proxectos de preservación histórica.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"2007 Little Rock Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América