Ēmmanowel Dabaġyan,Tamén Emmanuel Dabbaghian. I.C.P.B. (en ), nado o 26 de decembro de 1933 en Alepo (República Siria) e finado o 13 de setembro de 2018 en Beirut (Líbano) foi un relixioso siro-armenio, arcebispo católico armenio de Bagdad entre 2007 e 2017. Traxectoria Naceu o 26 de decembro de 1933 en Alepo (República Siria). Entrou no Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar, completou os estudos de Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana, e o 25 de decembro de 1967 foi ordenado sacerdote. Posteriormente exerceu diversos encargos como director dun orfanato, reitor dos seminarios menores de Bsumar e Alepo, párroco en Beirut, e párroco en Skhvilisi (Xeorxia). En 2003 foi nomeado párroco de Tbilisi, responsable do seminario, e synkellos para Xeorxia do ordinariato católico armenio de Europa oriental.

O 13 de setembro de 2006 foi elixido arcebispo de Bagdad polo Sínodo da Igrexa católica armenia, sendo confirmado no cargo o 26 de xaneiro de 2007 polo papa Bieito XVI. Recibiu a ordenación episcopal de mans do patriarca Narsés Pedro XIX Tarmouni o 4 de agosto do mesmo ano.

Permaneceu no cargo até que se retirou o 9 de outubro de 2017. Volveu entón ao convento do seu instituto en Beirut, no Líbano, onde finou o 13 de setembro de 2018.

Notas

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Alepo Categoría:Finados en 2018 Categoría:Arcebispos católicos de Iraq Categoría:Arcebispos católicos de Siria Categoría:Arcebispos da Igrexa católica armenia Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Relixiosos católicos de Siria Categoría:Membros do Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana