Ignacio Manuel Hortas Rodríguez, nado en Cármenes, León en 1954 e finado en Catoira o 11 de outubro de 2019, máis coñecido como Nacho Hortas, foi un debuxante galego.

Traxectoria Fillo dun garda civil, naceu en Cármenes, na provincia de León, onde seu pai estaba destinado. Mudouse a Galicia sendo moi novo por mor do traballo de seu pai, a familia trasladouse a Ourense e logo a Santiago de Compostela, para rematar en Vilagarcía de Arousa e finalmente en Catoira. Casou e tivo dous fillos. Traballou como funcionario para a consellería do Mar e foi debuxante, ilustrando as páxinas de La Voz de Galicia coas súas viñetas humorísticas (e mais a edición comarcal de Arousa deste periódico baixo o título de «A Ghoma Rota») empregando como pseudónimo Nachortas, así como noutros xornais, revistas e publicacións humorísticas.

Formou parte da lista do Bloque Nacionalista Galego para as eleccións municipais de 1999 no concello de Catoira como suplente, unha lista que encabezou Xoán Xosé Castaño Conde.

Faleceu en Catoira o 11 de outubro de 2019 a causa dunha enfermidade ós 64 anos de idade.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Finados en 2019 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes