O CASA C-207 Azor foi un avión de transporte de tropas e carga de curto e medio alcance bimotor de á baixa, aínda que inicialmente foi planeado para o mercado civil como avión de pasaxeiros.​ Foi construído pola compañía española Construcciones Aeronáuticas S.A. (CASA) a comezos dos anos 1950, e empregado exclusivamente polo Exército do Aire español. Derivado do tamén bimotor CASA C-202 Halcón, no momento da súa aparición no ano 1958 tiña unhas características inferiores a outros modelos que se atopaban en desenvolvemento en Europa, como o Fokker F27 neerlandés ou o Avro 748 británico,​ polo que foron construídos en reducido número.​

Notas

Categoría:Aeronaves de CASA Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1955