A bandeira do Estado Mon é a bandeira étnica que representa ao pobo mon e ó Estado Mon, unha das divisións administrativas de Myanmar. Representa un hamsa, unha ave acuática empregada como símbolo espiritual, situada no centro sobre un fondo vermello. A bandeira actual foi aprobada oficialmente pola Cámara do Estado Mon o 8 de xuño de 2018.

Segundo unha lenda local, a cidade de Bago, a cal foi fundada polo pobo mon, estableceuse no lugar onde un hamsa buscou refuxio durante unha inundación masiva, de aí a adopción do paxaro na bandeira.

Bandeira anterior miniatura|250px|Antiga bandeira do Estado Mon. A bandeira anterior do Estado Mon, empregada até a adoptación da actual, representa un hamsa sobre un fondo azul escuro e conta co texto "Estado Mon" (en ) escrito debaixo. A bandeira da Rexión de Bago é moi semellante á anterior bandeira do Estado Mon, mais o seu hamsa e texto teñen diferentes proporcións e deseños.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de Myanmar Categoría:Bandeiras con animais Categoría:Bandeiras introducidas en 2018