Eles transportan a morte é un filme de 2021 dirixido por Helena Girón e Samuel M. Delgado. Foi rodado en lingua galega e inclúe partes en castelán. É unha coprodución entre estudios de Galicia, as Canarias e Colombia.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Donostia de 2021, onde conseguiu unha mención especial na Sección Zabaltegi. Na 36ª edición da Semana da Crítica da Mostra de Venecia conseguiu un premio á mellor achega técnica. Estreouse nos cinemas o 13 de maio de 2022.
Sinopse A historia está ambientada no ano 1492 e conta a historia de tres membros da tripulación de Cristovo Colón que parten canda el cara a América. Porén, ao chegar ás illas Canarias, foxen cunha das velas do barco.
Produción A rodaxe levouse a cabo durante catro semanas en diversas localizacións da provincia de Ourense e na illa de Tenerife.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados nas Illas Canarias Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes ambientados nas Illas Canarias