O Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2022 celebrouse en Dinamarca entre os días 26 de agosto e 4 de setembro de 2022. As cidades que acollen o torneo son Herning e Frederikshavn.

Elección da sede En decembro de 2021, a IIHF confirmou a Herning e Frederikshavn como sedes para o campionato que se está a celebrar entre os días 26 de agosto e 4 de setembro do ano seguinte.

Antecedentes Dende que se disputara o primeiro campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo en 1990 na cidade canadense de Ottawa, Dinamarca nunca acollera a máxima competición mundial de seleccións de hóckey sobre xeo en categoría feminina.

O equipo nacional dinamarqués ascendera á máxima división logo de finalizar na segunda posición o Campionato de Primeira División de 2019 celebrado en Budapest (Hungría), polo que disputaría por terceira vez o campionato logo de participar nas edicións de 1993 e 2021. Ao non celebrarse a edición de 2020 por mor da pandemia de COVID-19 e cancelarse tamén o Campionato de Primeira División de 2021 o equipo nórdico mantívose na máxima categoría e presentou a súa candidatura como sede do evento.

Normalmente nunca se xogaba o torneo da división superior cando coincidía cos anos olímpicos, mais en setembro de 2021, a IIHF anunciou durante o Congreso Xeral Semi-Anual celebrado en San Petersburgo que o torneo feminino pasaría a xogarse todos os anos, como ocorre co masculino, mudando as datas habituais de celebración en marzo e abril polo mes de agosto. Dende 1997 o torneo pasou a disputarse anualmente agás os anos nos que se disputaban os Xogos Olímpicos, cando só se disputaban as divisións inferiores mais non o campionato.

Sedes A competición celebrarase nas cidade de Herning e Frederikshavn. O Kvik Hockey Arena de Herning será o escenario principal, onde se disputarán todos os partidos do grupo A, así como os cuartos de final, as semifinais e a final.

Herning Frederikshavn Kvik Hockey Arena Iscenter Nord Capacidade: 4 100 Capacidade: 4 000

Equipos Inicialmente a selección rusa, que en 2022 se encontraba no quinto posto da clasificación da IIHF, ía participar no evento baixo as siglas ROC (Comité Olímpico Ruso nas súas siglas en inglés), a bandeira do Comité Olímpico Ruso, e empregar como himno o Concerto para piano núm. 1 de Petr Ilich Chaikovskii, debido ás sancións por dopaxe impostas polo Corte de Arbitraxe para o Deporte en decembro de 2020 e que prohibiron ás atletas rusas competir baixo a bandeira rusa ou empregar o seu himno nacional ata o 16 de decembro de 2022. Con todo, o 1 de marzo de 2022 equipo ruso foi expulsado da competición a causa da invasión rusa de Ucraína en febreiro dese mesmo ano. Finalmente o combinado sueco foi elixido como substituto de Rusia pola súa posición na clasificación da IIIHF.

Grupo A Canadá Estados Unidos Finlandia Rusia Suíza XapónGrupo B Alemaña Dinamarca Hungría República Checa Suecia

Xuízas O 24 de agosto de 2022 anunciouse a lista de 11 árbitras e 10 xuízas de liña para o campionato:

Árbitras Xuízas de liña Julia Kainberger Cianna Lieffers Shauna Neary Kaisa Ketonen Anniina Nurmi Tijana Haack

Agnese Kārkliņa Nikoleta Celárová Kaylen Hanson Samantha Hiller Amanda Tassoni Marine Dinant Jessica Chartrand Marie-Pierre Jalbert Justine Todd Wang Hui

Tiina Saarimäki Linnea Sainio Magda Jonáková Anna Hammar Jennifer Cameron

Competición Rolda preliminar Grupo A PosEquipoXVOTWOTLDGFGCDGPtsCualificación/descenso1 Estados Unidos 4 4 0 0 0 30 3 +27 12Cuartos de final2 Canadá 4 3 0 0 1 19 7 +12 93 Finlandia 4 2 0 0 2 15 13 +2 64 Suíza 4 1 0 0 3 4 18 −14 35 Xapón 4 0 0 0 4 4 31 −27 0

Resultados

Grupo B PosEquipoXVOTWOTLDGFGCDGPtsCualificación/descenso1 República Checa 4 4 0 0 0 21 2 +19 12Cuartos de final2 Suecia 4 1 2 0 1 12 10 +2 73 Hungría 4 1 0 1 2 7 13 −6 44 Alemaña 4 1 0 1 2 8 16 −8 4 Non clasificado5 Dinamarca 4 1 0 0 3 6 13 −7 3 Descenso

Resultados

Fase final

Cuartos de final

Semifinais 5º a 8º

Semifinais

Partido polo 5º posto

Partido polo bronce

Final

Clasificación final Pos.EquipoXWOTWOTLDGFGCDGPts.Resultado final 1 Canadá 7 6 0 0 1 32 9 +23 18 Campión 2 Estados Unidos 7 6 0 0 1 53 7 +46 18 Segundo 3 República Checa 7 5 1 0 1 28 15 +13 17 Terceiro 4 Suíza 7 1 1 0 5 9 31 −22 5 Cuarto 5 Xapón 7 1 1 1 4 11 37 −26 6Partido polo 5º posto 6 Finlandia 7 2 1 2 2 19 18 +1 10 7 Suecia 6 1 2 0 3 16 18 −2 7 8 Hungría 6 1 0 2 3 10 28 −18 5 9 Alemaña 4 1 0 1 2 8 16 −8 4 Eliminado na rolda preliminar 10 Dinamarca 4 1 0 0 3 6 13 −7 3 Descendidos á Division I 11 ROC 0 0 0 0 0 0 0 0 0Expulsado, non puido participar na competición

Premios Premios individuais miniatura|A estadounidense Nicole Hensley foi nomeada mellor porteira do campionato. O 4 de setembro anunciáronse as xogadoras recoñecidas como mellor porteira, defensora e atacante. A atacante estadounidense Taylor Heise recibiu o galardón á mellor atacante e foi a xogadora máis valiosa do torneo, ademais de ser elixido como o porteiro do equipo das estrelas do torneo.

Estados Unidos República Checa Estados Unidos Nicole Hensley Daniela Pejšová Taylor Heise Mellor porteira Mellor defensora Mellor atacante

Media All-Star Team Os medios de comunicación seleccionaron as seis mellores xogadoras do torneo para o equipo das estrelas, que estivo integrado por tres xogadores checas, unha canadense, un checo e tres estadounidenses.

Posición Xogador Porteira Klára Peslarová Defensora Daniela Pejšová Defensora Caroline Harvey Atacante Taylor Heise Atacante Sarah Fillier Atacante Amanda Kessel

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

2022 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2022