A bandeira de Macau, oficialmente a bandeira rexional da Rexión Administrativa Especial de Macau da República Popular da China (en ) é de cor verde claro cunha flor de loto sobre a estilizada Ponte Gobernador Nobre de Carvalho e auga de cor branca, debaixo dun arco circular de cinco estrelas douradas de cinco puntas. Ten unha estrela grande no centro do arco con dúas estrelas máis pequenas a cada lado da estrela grande, cada unha cun punto en ángulo directamente cara a fóra dende o centro do círculo común no que se atopan.
O loto foi elixido como emblema floral de Macau. A ponte Gobernador Nobre de Carvalho é unha ponte que une a Península de Macau e a illa de Taipa. A ponte é un dos fitos máis recoñecibles para o territorio. A auga debaixo do loto e da ponte simbolizan a posición de Macau como porto e o seu papel no territorio. As cinco estrelas de cinco puntas fan eco do deseño da bandeira da República Popular da China, simbolizando a relación que ten Macau co seu estado soberano.
Segundo a Lei básica de Macau, a bandeira rexional de Macau é unha bandeira verde con cinco estrelas, flor de loto, ponte e auga de mar. Esta lei tamén aprobou que "ademais de mostrar a Bandeira da República Popular da China, a Rexión Administrativa Especial de Macau tamén pode usar unha bandeira rexional".Basic Law of the Macao Special Administrative Region of the People' s Republic of China(by Printing Bureau)
Esquema de cores 40pxEquema de cores Verde Branco Amarelo CMYK 95-0-17-54 0-0-0-0 0-13-88-0HEX#067662#FFFFFF#FFDF1ERGB6-118-98255-255-255255-223-30
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Bandeiras da China Categoría:Bandeiras introducidas en 1999