The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores.
Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica. As súas letras, para as cales empregan o galego e o castelán indistintamente, transmiten temáticas banais relacionadas con amores e desamores, a xuventude e a festa. En canto a estética, mesturan elementos alusivos ao rock and roll do último século, con detalles máis comúns na cultura urbana actual e a contracultura surfeira. Dende o lanzamento do seu homónimo EP debut The Rapants en 2018, publicaron os traballos Que Fluya (2018), Andas por El (2019), Cariña de Raposo (2019), A Festa do Meu Enterro (2021), La Mítica (2021), así como o EP Nic Bahía (2021), gravado e producido por Hevi.
No ano 2023, lanzaron o seu primeiro LP fóra da municipal Sala Nasmo, O Corasón Como un After (2023), producido polo coruñés Iago Blanco nos Drum & Roll Studios. Neste traballo, The Rapants contaron coas colaboracións de diversas artistas do panorama galego como María Galdón, Grande Amore, Galician Army ou Miguel Cernadas de Terbutalina.
Membros
Xanma – voz principal, guitarra Samuel – voz principal, guitarra Matías – baixo, sintetizadores, voces Xaquín – batería, voces
Traballos de estudio
The Rapants (2018, EP) Que Fluya (2018, EP) Andas Por El (2019, sinxelo) Cariña de Raposo (2019, álbum) A Festa do Meu Enterro (2021, sinxelo) La Mítica (2021, sinxelo) Nic Bahía (2021, EP) O Corasón Como un After (2023, álbum) La máquina del buen rollo (2024, álbum) Rapants Club (2026, álbum)
Notas
Categoría:Grupos musicais formados en 2018 Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos de rock en galego