O Rolls-Royce RB.183 Tay é un motor turboventilador de índice de derivación medio desenvolvido a partir do núcleo do RB.183 Mk 555 Spey e usando un ventilador escalado directamente a partir do Rolls-Royce RB.211-535E4 para producir versións cun radio de derivación de 3.1:1 ou maior. O compresor IP e a turbina de baixa presión deseñáronse usando tecnoloxía do programa RB.211."Developing the Rolls-Royce Tay' M.J.Wilson ASME-880051
O motor encendeuse por vez primeiro en agosto de 1984.Gunston 1989, p.153 O Tay 650 tiña unha nova turbina de alta presión que incorporaba tecnoloxía nova que fora probada no RB.211-535E4. Este motor tamén tiña un novo combustor para unha maior durabilidade. A familia Tay family é usada en varios avións de pasaxeiros e grandes avións executivos, como a familia Gulfstream IV, o Fokker 70 e o Fokker 100, sendo a última versión usada para remotorizar Boeing 727-100.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gunston, Bill. World Encyclopedia of Aero Engines. Cambridge, England. Patrick Stephens Limited, 1989.
Categoría:Turboventiladores