Natalia Litvinova, nada en Homieĺ, Belarús, en 1986 é unha escritora e editora arxentina de orixe belarusa, dedicada ao campo da poesía e da tradución.

Traxectoria Litvinova naceu en Homieĺ, Belarús, en 1986, cinco meses despois do accidente na central nuclear de Chernóbil. Nos anos 90, cando estaba a piques de cumprir os dez anos, a súa familia decidiu emigrar a Bueno Aires.

Comezou a escribir versos motivada pola poesía e a tradición oral de Lorca: o conto, os chistes, os chismes, as cancións. Con vinte anos asistiu a un obradoiro impartido polo poeta arxentino Javier Galarza. Alí deu forma ao seu primeiro poemario, no que recolle certos acontecementos acontecidos na súa infancia. Á hora de compoñer a súa obra, Litvinova inspírase en autores que escribiron sobre guerras e exilios desde diferentes perspectivas e experiencias, con cuxos temas se sente identificada. En 2016 creou xunto a Tom Maver a Editorial Llantén, con sede en Buenos Aires, especializada na tradución de poesía rusa clásica, contemporánea e marxinal. Compilou e traduciu varias escolmas de poetas rusos da Idade de Prata como Innokenti Ánnenski, Sergei Esenin ou Marina Tsvetaeva, entre outros. Impartiu obradoiros e cursos de escritura na Fundación Centro Psicanalítico Arxentino, dirixe a colección de tradución de Melón editora e coordina a sección dedicada ás letras arxentinas da Revista Ombligo. Representou a Arxentina no IX Festival Internacional de Poesía de Granada (Nicaragua) en 2015. A súa poesía foi traducida ao francés e publicada pola editorial francesa Al Manar. miniatura|Con Elena Medel na Libraría Paz de Pontevedra en maio de 2022 En maio de 2022 foi a gañadora da Residencia Latitude 43, convocada pola Residencia Literaria 1863 co patrocinio do concello da Coruña. O xurado estivo composto por Berta Dávila, Dores Tembrás e Afonso Becerra de Becerreá.

Obra

Poemarios

Esteparia (2010). Ediciones del Dock. Reeditado en España e en Uruguai. Balbuceo de la noche (2012). Melón editora. ISBN 987283471-7. Grieta (2012). Gog y Magog. Reeditado en España e en Costa Rica. ISBN 978-84-16149-09-4. Rocío Animal (2013). La Pulga Renga. Todo ajeno (2013). Vaso roto. ISBN 978-84-15168-71-3. Cuerpos textualizados (2014). Letra viva. Escrito en coautoría con Javier Galarza Siguiente vitalidad (2015). Audisea. Reeditado en España (por La Bella Varsovia, en 2016), México e Chile Cesto de trenzas (2018). La Bella Varsovia. ISBN 978-84-946544-8-0. La nostalgia es un sello ardiente (2020). Llantén. Reeditado en España (por La Bella Varsovia, en 2020) ISBN 978-987-863-981-9. Soñka, manos de oro (2021). Lantén. 72 páxs. ISBN 9789874768384.

Antoloxías

Jardín, cien poemas sobre flores, de cien poetas argentinxs. Proxecto Camalote. Antología premio estímulo 2017 (2017). Vinciguerra. ISBN 978-987750175-9.

Premios

2017: Premio estímulo da Fundación Arxentina para a Poesía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Natalia Litvinova na Libraría Paz de Pontevedra, maio 2022. Vídeo

Categoría:Nados na rexión de Homieĺ Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en 1986 Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Escritores de Belarús