Portobragán de Abaixo é un lugar da aldea de Remourelle e da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental.
Toponimia Ao igual ca noutros topónimos como Portor, Portogaín ou Porcillán, en Portobragán aparece a combinación do substantivo porto (do latín ) co xenitivo dun antropónimo, quizais , con certa presenza na documentación medieval e que parece estar na orixe doutros nomes de lugar galegos como Abragán, existente na actualidade nos concellos de Ribeira (como topónimo menor), O Corgo e A Estrada. En Pereiro de Aguiar documéntase un topónimo Abregón. Piel sinala descendentes toponímicos deste mesmo antropónimo en Portugal, como Abregão, Abregã e Abragão. Por tanto, a hipótese dun sintagma como orixe da forma Portobragán é conxectural, mais conta con apoios de relevancia no sistema toponímico tanto galego como portugués.
Lugares e parroquias Lugares de Arante
Parroquias de Ribadeo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo
Categoría:Lugares de Ribadeo